factograf
GL

Helmuth Koinigg

Helmuth Koinigg

Key facts

data de nacemento3 de novembro de 1948
data de falecemento6 de outubro de 1974
ocupaciónpiloto de Fórmula Un, enxeñeiro
lugar de nacementoViena
lugar de falecementoCircuíto de Watkins Glen
All data from the card 6
Nacemento
3 de novembro de 1948 Viena
Morte
6 de outubro de 1974 (25 anos)Circuíto de Watkins Glen
Causa da morte
decapitación
Lugar de sepultura
Hietzinger Friedhof (pt)
Ocupación
piloto de Fórmula Un, enxeñeiro
Deporte
automobilismo

Helmuth Koinigg nado en Viena o 3 de novembro de 1948 e finado en Watkins Glen (Estado de Nova York) o 6 de outubro de 1974, foi un piloto de carreiras de Austria que morreu nun accidente no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974, no seu segundo Gran Premio.

Traxectoria

Koinigg nun BMW Alpina en 1974.
Koinigg nun BMW Alpina en 1974.

Como moitos outros pilotos de Fórmula 1, o primeiro coche de carreiras de Koinigg foi un Mini Cooper. Comprou o coche de Niki Lauda, que tamén foi o seu primeiro automóbil de carreiras. Correu nas carreiras de coches de turismo, a Fórmula Vee e a Fórmula Ford antes dun período nas carreiras deportivas. Logo atopou o financiamento para comprar un asento coa Scuderia Finotto pilotando o seu Brabham no gran premio de casa en 1974 e, aínda que non conseguiu cualificar, isto proporcionoulle un contrato con Surtees nas dúas últimas carreiras da tempada.

Logo dun bo espectáculo no Gran Premio do Canadá de 1974, Koinigg parecía unha boa promesa para 1975.

Accidente fatal

Logo dun bo espectáculo no Gran Premio do Canadá de 1974, Koinigg se clasificou 23º para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1974. Na sexta volta o coche de Jacky Ickx tivo un accidente á altura da curva "The Toe" que se atopaba no terceiro sector do circuíto, os comisarios estiveron tres voltas mostrando bandeira amarela.

Na novena volta, Koinigg saíuse na mesma curva. O coche chocou contra o dobre gardarraíl que cubría o perímetro da curva, atravesando a parte inferior do mesmo. A parte superior do gardarraíl quedou intacta, degolando ao piloto austríaco. Un dos comisarios que acudiu ao lugar do sinistro recolleu o casco, que se atopaba a uns 2 metros do monopraza. Para o seu asombro, a cabeza de Koinigg estaba dentro. O comisario deixou o casco dentro do monopraza e cubriron a escena cunha lona de plástico. A carreira non se suspendeu.

As causas do accidente non estiveron moi claras. A teoría máis probable é que un dos pneumáticos do Surtees de Koinigg picárase cos restos do coche de Jacky Ickx, que quedaran esparcidos pola curva. Os pneumáticos Firestone, utilizados pola maioría dos equipos, incluíndo Koinigg, nunca máis foron usados en Fórmula 1 tralo accidente. O accidente de Koinigg recordaba a morte do piloto de Fórmula Un François Cevert no mesmo evento do ano anterior.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1974 Scuderia Finotto Brabham BT42 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT
NSC
ITA NC 0
Team Surtees Surtees TS16 CAN
10
USA
Ret
Fonte:

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Koinigg's profile at www.grandprix.com

Read next

In 25 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article