factograf
GL

profesor universitario, Austria

Heinz Fischer

Heinz Fischer

Key facts

data de nacemento9 de outubro de 1938
educado enUniversidade de Viena
ocupaciónpolítico, xurista, profesor universitario
lugar de nacementoGraz
cónxuxeMargit Fischer
empregadorGoberno federal austríaco
cargo ocupadoPresidente de Austria
All data from the card 12
Nacemento
9 de outubro de 1938 (87 anos)Graz
Relixión
Agnosticismo
Educación
Universidade de Viena - ciencias do dereito, ciencias políticas (1956–1961)Universidade de Innsbruck
Lugar de traballo
Viena
Ocupación
político, profesor universitario, xurista, ministro
Empregador
Goberno federal austríaco
Partido político
Partido Socialdemócrata de Austria
Membro de
Club 45 (en)
Cónxuxe
Margit Fischer (1968–)
Pais
Rudolf Fischer e Emma Maria Fischer
Irmáns
Edith Stumpf-Fischer
Sitio web
heinzfischer.at
Heinz Fischer
Heinz Fischer

Heinz Fischer, nado en Graz o 9 de outubro de 1938, é presidente federal de Austria dende o 8 de xullo de 2004.

Traxectoria

Nado en Graz, estado de Estiria, Fischer recebiu unha educación humanística, aprobando o "Matura" o 1956. Posteriormente estudou Dereito na Universidade de Viena, doutorándose o 1961. Ademais de político, Fischer tamén seguiu carreira docente, e tornouse profesor de ciencias políticas na Universidade de Innsbruck en 1993.

Fischer foi membro do parlamento de Austria desde 1971 e serviu como un dos seus líderes entre o 1990 e o 2004. De 1983 ata 1987 foi ministro da Ciencia nunha coalición gobernamental liderada por Fred Sinowatz.

En xaneiro de 2004 Fischer anunciou que concorrería a presidente para suceder a Thomas Klestil e finalmente foi proclamado o 25 de abril de 2004 como o candidato do partido socialdemocrático de Austria - SPÖ -, de oposición. El obtivo o 52,4% dos votos derrotando a Benita Ferrero-Waldner, entón ministra do Exterior na coalición liderada polo partido Popular Austríaco – ÖVP – conservador.

Fischer asumiu o posto de presidente o 8 de xullo de 2004 e recibiu o cargo do presidente do parlamento, que goberna interinamente despois da morte de Klestil o 6 de xullo. Desde a súa elección como presidente a súa popularidade creceu ata ser considerado por algúns analistas como o político de maior credibilidade de Austria[Cómpre referencia].

Read next

In 82 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article