factograf
GL
Sign in

Hanoi

Hanoi

Key facts

poboación7.587.800
superficie3.360km²
instancia deconcello de Vietnam, cidade grande
paísVietnam
data de creación ou fundación1010
elevación sobre o nivel do mar16m
continenteAsia
situado na unidade administrativaVietnam
lingua oficiallingua vietnamita
descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
All data from the card 4
Código postal
10000–10999
OpenStreetMap
1903516
VIAF
153554884
Freebase
/m/0fnff

Hanoi (en vietnamita: Hà Nội, Hán Tự) é a capital de Vietnam, cunha poboación estimada en 3 145 300 habs. (2005). Desde 1010 até 1802, foi o centro político dun independente Vietnam, salvo breves períodos. Foi substituída por Huế durante a Dinastía Nguyễn como capital do Vietnam, mais volveu selo durante o período colonial como capital da Indochina Francesa entre 1887 e 1954. Entre 1954 e 1976, logo da vitoria do Viet Minh sobre Francia na batalla de Dien Bien Phu, foi a capital do Vietnam do Norte.

A cidade está situada na beira dereita do río Vermello. Hanoi sitúase a 21°2' de latitude norte, e a 105°51' de lonxitude leste, dista 1 760 km de Cidade Ho Chi Minh, a antiga Saigon, no extremo sur do país.

Xeografía

Clima

Hanoi posúe o típico clima do Vietnam setentrional, no que os veráns son quentes e húmidos, mentres os invernos son relativamente frescos e secos. Nos meses estivais, entre maio e setembro, recíbense a maioría das precipitacións do ano (1 682 mm/m² anuais). Os meses comprendidos entre novembro e marzo son secos relativamente, mais na primavera caen choivas lixeiras. As temperaturas mínimas invernais en Hanoi poden caer até 6 °C ou 7 °C, aínda que o vento pode ser xeado; por contra no verán atínxense medias entre 38 e 40 °C.

Lugares interesantes

Ópera de Hanoi.
Ópera de Hanoi.
Vista xeral de Hanoi.
Vista xeral de Hanoi.
Lago Hoàn Kiếm.
Lago Hoàn Kiếm.
3 images

Como capital de Vietnam durante case un milenio, Hanoi considérase o centro cultural do país, pois cada dinastía deixou aquí a súa pegada, aínda que algúns dos monumentos non puideron sobrevivir as guerras e o paso do tempo; mais a cidade conserva moitos monumentos interesantes, para residentes e visitantes, tanto histórica como culturalmente.

Hanoi alberga máis sitios culturais que calquera outra cidade vietnamita; só no que se refire a lugares relixiosos posúe sobre 600 pagodes e templos.

Baixo o dominio francés, como centro administrativo para toda Indochina, a arquitectura de estilo colonial tornouse dominante, ficando aínda hoxe exemplos numerosos: bulevares de tripla calzada (p.ex. a rúa Phan Dinh Phung), o magno edificio da Ópera, o Banco estatal Vietnam (primitivamente Banco de Indochina), o Pazo presidencial (antigo Pazo do Gobernador Xeral da Indochina Francesa), a catedral de S. Xosé, a Universidade de Hanoi (antiga Universidade de Indochina) ou hoteis xa históricos como o Sofitel Métropole.

Outros lugares emblemáticos son: o Templo da Literatura (Văn Miếu), sede da máis antiga universidade de Vietnam; a Pagode do "único piar" (Chùa Một Cột); a Torre da Bandeira de Hanoi (Cột cờ Hà Nội); o Barrio Vello e o lago Hoàn Kiếm.

Hanoi é tamén sede de numerosos museos, como o Museo Nacional de Historia do Vietnam, o Museo Nacional de Etnoloxía, o Museo Nacional de Belas Artes e o Museo da Revolución.

O Barrio Vello, preto do lago Hoan Kiem, posúe as rúas orixinarias e as edificacións máis antigas de Hanoi. A comezos do século XX a cidade só comprendía unhas 36 rúas, a maioría das cales pertencen hoxe ao Barrio Vello. Esas rúas albergaban tendas e almacéns especializadas nun determinado xénero como seda, xoiaría, tecidos etc. Os nomes desas rúas reflicten aínda a especialidade orixinaria, aínda que na actualidade só algunhas conservan restos daquelas actividades. Toda a área é coñecida polos seus artesáns e mercadores; sitúanse aquí tamén casas de comidas locais, así como bares e clubs. Un mercado nocturno, sito preto do mercado de Đồng Xuân, abre nos anoiteceres dos venres, sábados e domingos, mostrando unha rica variedade de tecidos, alimentos e recordos.

Na parte occidental o lago (Hồ Tây) é un lugar popular para o lecer das xentes de Hanoi. É o maior dos lagos da cidade. Pódense alugar barcas de recreo e comer nun restaurante flotante. Na zona existen tamén numerosos templos.

Transportes

Colleita de incenso en Quang Phu Cau, nas aforas de Hanoi.
Colleita de incenso en Quang Phu Cau, nas aforas de Hanoi.

O medio máis popular de transporte dentro da cidade son as motocicletas e as bicis, pola súa versatilidade. O parque de automóbiles está a medrar, pero o tráfico é pouco fluído a determinadas horas e nas intersección de rúas. As liñas de autobuses serven as rúas principais. Pódense adquirir tiras de billetes no mesmo bus. Para traslados curtos acostuman empregarse motocicletas-taxis, ditas "xe ôm" ("gran vehículo"). Para desprazamentos longos, e se non desexa viaxar á aire libre, o máis conveniente son os taxis.

Hanoi conta cun aeroporto internacional sito a uns 45 km da cidade, e que serve a todo o Norte do Vietnam. As instalacións foron modificadas en anos pasados e están ben dotadas. Hai trens que unen con regularidade Hanoi e Saigón.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Goberno de Hanoi - Páxina oficial Arquivado 20 de xaneiro de 2025 en Wayback Machine. (en inglés)
  • Artigo no New York Times sobre Hanoi (en inglés)

Read next

In 179 languages

glAcèhAfrikaansአማርኛaragonésالعربيةالدارجةمصرىasturianuazərbaycancaتۆرکجهбашҡортсаBasa BaliBoarischBikol Centralбеларуская (тарашкевіца)беларускаябългарскиবাংলাབོད་ཡིགbrezhonegbosanskiбуряадcatalà閩東語 / Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄нохчийнCebuanoکوردیcorsučeštinaчӑвашлаCymraegdanskDeutschZazakiΕλληνικάEnglishEsperantoespañoleestieuskaraفارسیsuomivõroNa Vosa VakavitifrançaisarpetanNordfriiskFryskGaeilge贛語GàidhligHausa客家語 / Hak-kâ-ngîעבריתहिन्दीFiji HindihrvatskihornjoserbsceKreyòl ayisyenmagyarհայերենinterlinguaJaku IbanBahasa IndonesiaInterlingueIlokanoIdoíslenskaitaliano日本語JawaქართულიQaraqalpaqshaGĩkũyũқазақшаភាសាខ្មែរಕನ್ನಡ한국어къарачай-малкъарkurdîкыргызчаLatinaLëtzebuergeschLingua Franca NovaLimburgsLigurelombardລາວlietuviųlatviešuMadhurâमगहीмокшеньMalagasyолык марийMāoriMinangkabauмакедонскиമലയാളംмонголमराठीBahasa MelayuMaltiMirandésမြန်မာဘာသာمازِرونیPlattdüütschनेपालीNederlandsnorsk nynorsknorskNovialDiné bizaadChi-ChewaoccitanlivvinkarjalaиронਪੰਜਾਬੀKapampanganPapiamentuPicardpolskiPiemontèisپنجابیپښتوportuguêsRuna Simiromânăрусскийसंस्कृतम्саха тылаᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤsardusicilianuScotsسنڌيdavvisámegiellasrpskohrvatski / српскохрватскиසිංහලSimple EnglishslovenčinaslovenščinachiShonashqipсрпски / srpskiSeeltersksvenskaKiswahiliślůnskiSakizayaதமிழ்тоҷикӣไทยTagalogtolışitoki ponaTürkçeтатарча / tatarçachiTumbukaудмуртئۇيغۇرچە / Uyghurcheукраїнськаاردوoʻzbekcha / ўзбекчаTshivendavepsän kel’Tiếng ViệtVolapükWinaray吴语მარგალურიייִדישYorùbáZeêuws文言閩南語 / Bân-lâm-gí粵語中文

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article