Hannah Murray é unha coñecida actriz e escritora inglesa, nada en Bristol, no Reino Unido, o 1 de xullo de 1989. É coñecida polo seu debut na serie Skins no papel de Cassie Ainsworth, unha adolescente con problemas de desorde alimenticia e tendencias suicidas e pola súa actuación en Game of Thones.
En maio de 2026, revelou nunha entrevista con The Guardian e no seu libro que, despois de enfrontarse a problemas psicolóxicos e presión profesional, uniuse a unha seita de "curación e benestar". Durante este período, sufriu un grave episodio psicótico no que cría que tiña o poder de cambiar o seu ADN espiritual con ferramentas antigas, declarando: "Pensei que era a salvadora do planeta". O seu estado mental deteriorouse tanto que cría que as enfermeiras da clínica psiquiátrica onde estaba hospitalizada despois do episodio era a líder da seita disfrazada.
