factograf
GL
Sign in

Gylfaginning

Gylfaginning

Key facts

data de creación ou fundación1220
instancia deobra literaria
autorSnorri Sturluson
xénero artísticoliteratura de viaxes
descrito pola fonteNordisk familjebok
All data from the card 1
Freebase
/m/038kg

A Visión de Gylfi (en nórdico antigo Gylfaginning) é a primeira sección da Edda prosaica. O escaldo islandés Snorri Sturluson resumiu a mitoloxía nórdica nun sistema coherente; algúns din que foi por medo a que se perdese ou se distorcese baixo o dominio espiritual do cristianismo en Europa.

Sturluson baseouse en cantos escritos uns séculos antes, e mesmo nos primeiros tempos do cristianismo. Estes conserváronse principalmente na Edda poética.

As narracións mitolóxicas conservadas no Gylfaginning eran útiles para os poetas, os escaldos, xa que proporcionaron motivos e materias para os seus versos. Ademais, moitos kennings explícanse segundo as aventuras e fazañas dos deuses.

Trama

Gylfi, gobernante das terras da actual Suecia, era un home sabio e experto. Sorprendíalle que os Æsir fosen tan sabios que todas as cousas se fixesen segundo a súa vontade. Gylfi pensou en poñer a proba os Æsir e viaxar a Asgard (fogar dos Æsir); porén, como eran videntes, estes souberon da viaxe e da visita de Gylfi e provocáronlle unha visión en forma de espellismo. Cando entrou na fortaleza, viu un palacio tan alto que apenas se podía albiscar o teito. Gangleri saíu ao seu encontro e díxolle que chegara alí por camiños misteriosos. Foi, a partir de entón, o seu guía e quen facía as preguntas no seu nome. Estas eran respondidas por tres personaxes: o alto, o máis alto e o igualmente alto. Estes personaxes eran, na tradución do texto ao castelán de Jorge Luis Borges, unha ironía sobre a Santísima Trindade.

Nárranse varias historias, por exemplo, que o mundo naceu da colisión dunha materia quente e outra fría no espazo máxico chamado Ginnungagap. Os primeiros seres que habitaron ese mundo foron os Ætuns. Deles, o máis vello de todos foi Ymir. Non se consideran deuses, explica Snorri, porque eran malvados, como todos os seus descendentes. A primeira divindade nace da condensación da suor de Ymir e o seu nome é Buri. Este sería o pai de Borr, que casou con Bestla, filla doutro xigante.

A formación do mundo e das criaturas

Os tres primeiros fillos da primeira parella son os tres primeiros Æsir: Odín, Vili e Vé. Os Æsir fixeron a terra coa carne de Ymir, o mar e os lagos co seu sangue, as montañas cos seus ósos e as rochas cos seus dentes. Coa parte cóncava do seu cranio elevaron o ceo e coas faíscas que proviñan da terra quente crearon os astros. No centro da terra fixeron murallas coas cellas de Ymir, e estes muros protexían Midgard, é dicir, a terra dos homes. Co cerebro do xigante fixeron as nubes. Para eles, os Æsir crearon outra fortaleza ou recinto, Asgard.

Os astros principais, o Sol e a Lúa, xiran na conca do cranio de Ymir, perseguidos polos lobos. O arco da vella, o Bifrost, é a ponte entre o ceo e a terra. Por decisión dos deuses, os ananos nacidos como vermes do sangue de Ymir foron condenados a vivir baixo a terra e as pedras.

A primeira parella humana foi creada por Odín a partir de dous troncos de árbores. O home chamábase Ask e a muller Embla.

O lugar sagrado dos deuses é unha árbore, o enorme freixo chamado Ígdrasil, que se traduce como "o corsario de Ygg", un dos moitos nomes de Odín.

Yggdrasil é o lugar onde os deuses teñen o seu tribunal todos os días. As pólas desta árbore esténdense por todos os mundos e chegan máis alá do ceo, tanto as súas raíces penetran profundamente nos lugares e tempos primixenios, como o tempo dos Æsir e a súa terra e o tempo e lugar dos Ætuns. Baixo as súas raíces atópase a fonte do xigante Mímir que encerra toda a sabedoría. Odín baixou a ela pero non se lle permitiu beber dela ata que deu un ollo como ofrenda. No ceo hai outra fonte, e xunto con ela o salón onde viven as nornas, que moldean as vidas dos homes, que se chaman Urd, Verdandi e Skuld.

Na cima do freixo sagrado habitan a aguia sen nome e o falcón Veðrfölnir, que representa a sabedoría. Un esquío, Ratatösk, que simboliza o intrigante, leva e trae novas a través das pólas. Os corvos de Odín, que informan o deus supremo do panteón nórdico do que está a suceder na terra, tamén viven na cima da árbore. Tres cervos pastan preto da árbore, arrincándolle a cortiza, e o dragón Níðhöggr come as súas raíces.

No ceo do freixo está o reino dos elfos da luz, máis fermosos que o Sol, mentres que os elfos escuros, máis negros que o alcatrán, viven baixo a árbore.

Véxase tamén

Bibliografía

Read next

In 30 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article