factograf
GL
Sign in

Gregarismo

Gregarismo

Un animal ou persoa gregaria é a que practica o gregarismo. Vén do latín gregarĭus. Isto significa que segue unha tendencia de agruparse en mandas ou colonias (insectos eusociais), no caso dos animais, ou en grupos sociais, no caso das persoas, ou tamén que o ser precisa dun grupo para sentirse ben.

Filosoficamente dise que o ser humano non é nin completamente gregario, como as formigas ou as abellas, nin totalmente solitario, como os tigres ou os leopardos, senón que é máis complexo e tende a ser semigregario, é dicir, algúns dos seus impulsos e necesidades son sociais e outros son solitarios.

O gregarismo é unha relación intraespecífica que se dá cando os individuos dunha poboación se asocian e traballan xuntos para conseguir un obxectivo común.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Russell, Bertrand (2002): Sociedad humana: ética y política, 3ª ed. Madrid: Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-0458-9.

Read next

In 6 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article