factograf
GL
Sign in

baloncestista estadounidense

Grayson Allen

Grayson Allen

Key facts

data de nacemento8 de outubro de 1995
altura196cm
ocupaciónbaloncestista
lugar de nacementoJacksonville
masa93 kg
All data from the card 11
Nacemento
8 de outubro de 1995 (31 anos)Jacksonville
Educación
Universidade Duke (2014–2018)Providence School (en) Universidade Duke
Altura
196 cm
Peso
93 kg
Ocupación
baloncestista
Período de actividade
2018 -
Nacionalidade deportiva
Estados Unidos
Deporte
baloncesto
Liga
NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogo
Escolta
Convocado por
Utah Jazz, 21º (2018)

Grayson James Allen, nado o 8 de outubro de 1995 en Jacksonville, Florida, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

O 21 de xuño de 2018, Allen foi escollido na 21ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Utah Jazz. O 2 de xullo de 2018, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz. Debutou na NBA o 22 de outubro de 2018, facendo 7 puntos contra os Memphis Grizzlies.

O 6 de xullo de 2019, Allen foi traspasado xunto a Darius Bazley, Jae Crowder, Kyle Korver e unha futura primeira elección do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Mike Conley Jr..

O 6 de agosto de 2021, Allen foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Sam Merrill e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.

O 27 de setembro de 2023, Allen foi traspasado xunto a Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Phoenix Suns, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Deandre Ayton, Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Trail Blazers.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 21 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article