factograf
GL

Gran Premio de Rusia de 2015

Gran Premio de Rusia de 2015
All data from the card 10
Nome oficial
2015 Formula 1 Russian Grand Prix
Tipo
Gran Premio de Rusia
Deporte
automobilismo
Parte de
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015
Localización
Sochi (Cidade turística de Sochi) Circuíto urbano de Sochi (Sirius (en) )
País
Rusia
Data
11 de outubro de 2015
Primeiro posto
Lewis Hamilton Mercedes
Pole position
Nico Rosberg
Volta máis rápida
Sebastian Vettel

O Gran Premio de Rusia de 2015, (oficialmente 2015 Formula 1 Russian Grand Prix en ruso Гран-при России 2015 года) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 11 de outubro de 2015 no Circuíto urbano de Sochi, na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia. Nesta carreira Mercedes proclamouse gañador do Campionato do Mundo de Construtores a falta de catro carreiras para o fin da tempada.

Resumo

O presidente ruso Vladimir Putin e Bernie Ecclestone durante a carreira
O presidente ruso Vladimir Putin e Bernie Ecclestone durante a carreira

Carreira

Carlos Sainz foi autorizado a correr aínda que non logrou marcar un tempo na cualificación, permitiuselle comezar desde o final da grella. Ao comezo, Rosberg pilotou lonxe de Hamilton, mentres na parte traseira do peloton na curva 2, Nico Hülkenberg trompeou, golpeou a Verstappen e Ericcson, Hulkenberg e Ericcson quedaron fora no acto, mentres que Verstappen sufriu unha picada. Saíu o coche de seguridade. Cando a carreira púxose en marcha de novo, Rosberg reportou problemas co acelerador. Cometeu un erro na curva 2, e varios outros antes de retirarse na volta 8, entregando o liderado da carreira ao líder do campionato, Lewis Hamilton. Na volta 10, Pastor Maldonado superou a Jenson Button para poñerse décimo, mentres que Hamilton foi ampliando a súa vantaxe sobre o segundo clasificado, Bottas. Unha segunda aparición do coche de seguridade produciuse na volta 12, cando Romain Grosjean trompeou nacurva 3, golpeando espectacularmente a parede antes de quedar esnaquizado nun lado da pista. Grosjean saíu ileso, pero o seu coche sufriu graves danos. Cunha gran cantidade de restos na pista, o coche de seguridade mantívose ata a volta 17.

Hamilton ampliou a súa vantaxe sobre Bottas a 7´5 segundos na volta 24 con Vettel tamén achegándose ao finlandés. Logo de que varios pilotos optaran por entrar boxes durante a segunda saída do coche de seguridade, a maioría dos pilotos da parte dianteira decidiron entrar en boxes a partir da volta 25. Carlos Sainz cruzou a liña branca ao saír do pit lane, recibindo cinco segundos de penalización que cumpriría na súa segunda parada. Bottas foi o primeiro dos pilotos de cabeza que entrar en boxes na volta 27, saíndo en tráfico. Isto permitiu a Sebastian Vettel compensar tempos saíndo da súa parada en boxes por diante de Bottas na volta 31. Unha volta máis tarde, Räikkönen entrou tamén, saíndo xusto detrás de Bottas. Hamilton, líder da carreira entrou outra volta máis tarde, conservando a súa vantaxe e sen incidentes. Na volta 37, Räikkönen utilizou o DRS para poñerse por diante de Bottas polo quinto posto, só para que o piloto de Williams retomara a posición na seguinte curva.

Unha parada en boxes cedo durante a saída do coche de seguridade puxera a Sergio Pérez arriba no terceiro lugar, con Daniel Ricciardo atrás en cuarto. Na volta 43, Ricciardo, Bottas e Räikkönen todos recortaran distancia con Pérez, que estaba tratando de manter con vida os seus gastados pneumáticos. Na volta 45, Bottas utilizou o DRS para adiantar a Ricciardo no Red Bull. Unha volta máis tarde, Räikkönen tratou de seguir o seu exemplo, só para sairse, tendo que ceder a posición de novo a Ricciardo. Na volta 47, Carlos Sainz retirouse logo de trompear na pista, perdendo o seu alerón traseiro. Cando un comisario recuperou un á da pista en plena carreira, case foi atropelado por Sebastian Vettel que chamouno "un ruso moi valente". Despois de ser pasado por Raikkonen na volta 49, Daniel Ricciardo tivo que retirarse cun fallo na suspensión. O final da volta 52 viu a Valtteri Bottas poñerse por diante de Pérez no terceiro lugar, con Räikkönen facendo o mesmoa continuación. Con todo, só algunhas curvas máis tarde na última volta da carreira, os dous chocaron, o que obrigou a Bottas a retirarse e causando graves danos no Ferrari de Raikkonen. Pérez logrou o terceiro lugar e logrou primeiro podio de Force India da tempada. Na parte dianteira, Hamilton acadou a súa novena vitoria da tempada, por diante de Vettel, que agora era o seu rival máis próximo no campionato.

Poscarreira

Räikkönen foi degradado do quinto ao oitavo lugar e anotou só catro puntos en lugar de dez, isto asegurou o campionato de construtores para Mercedes. O piloto de McLaren Fernando Alonso recibiu cinco segundos de penalización por exceder os límites da pista, permitindo que o Toro Rosso de Max Verstappen quedara décimo. Cando se lle preguntou pola colisión con Bottas, Kimi Räikkönen dixo: "O meu parecer non cambiou. Houbo algunhas discusións. Gustaríame volver facelo mañá de novo, non cambia a historia..."

Clasificación

Cualificación

Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 6 Nico Rosberg Mercedes 1:38.343 1:37.500 1:37.113 1
2 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:38.558 1:37.672 1:37.433 2
3 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:38.448 1:38.194 1:37.912 3
4 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:38.598 1:38.402 1:37.965 4
5 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:39.207 1:38.224 1:38.348 5
6 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:39.250 1:38.727 1:38.659 6
7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:39.617 1:38.914 1:38.691 7
8 8 Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:39.056 1:38.754 1:38.787 8
9 33 Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:39.411 1:39.119 1:38.924 9
10 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:39.574 1:39.005 1:39.728 10
11 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:39.580 1:39.214 11
12 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:40.042 1:39.323 12
13 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:39.739 1:39.763 13
14 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:39.724 1:39.811 14
15 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:38.926 1:39.895 15
16 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:40.144 20
17 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:40.660 16
18 28 Will Stevens Marussia-Ferrari 1:43.693 17
19 53 Roberto Merhi Marussia-Ferrari 1:43.804 19
107% tempo: 1:45.227
20 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Renault Sen tempo 18
Fonte:

Carreira

Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts.
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 53 1:37:11.024 2 25
2 5 Sebastian Vettel Ferrari 53 5:953 4 18
3 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 53 28:918 7 15
4 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 53 38:831 15 12
5 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 53 +47.566 11 10
6 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 53 +56.508 12 8
7 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 53 +1:01.088 14 6
8 7 Kimi Räikkönen Ferrari 53 +1.02.358 5 4
9 22 Jenson Button McLaren-Honda 53 +1:19.467 13 2
10 33 Max Verstappen Toro Rosso-Renault 53 +1:28.424 9 1
11 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 53 +1:31.210 19
12 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 52 Colisión 3
13 98 Roberto Merhi Manor-Ferrari 52 +1 volta 18
14 28 Will Stevens Manor-Ferrari 51 +2 voltas 17
15 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 47 +6 voltas 10
16 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 46 Freos 20
17 8 Romain Grosjean Lotus-Mercedes 13 Accidente 8
18 6 Nico Rosberg Mercedes 8 Acelerador 1
19 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 0 Accidente 6
20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 0 Accidente 16
Fonte:[Cómpre referencia]

Posicións logo da carreira

  • Texto en negra indica que aínda ten posibilidades matemáticas de converterse en Campión do Mundo. Mercedes logra o seu 2º campionato do mundo de construtores.
Pos. Piloto Pts.
1 Lewis Hamilton 302
2 Sebastian Vettel 236
3 Nico Rosberg 229
4 Kimi Räikkönen 123
5 Valtteri Bottas 111
Pos. Construtor Pts.
1 Mercedes 531
2 Ferrari 359
3 Williams-Mercedes       220
4 Red Bull-Renault 149
5 Force India-Mercedes 92

Clasificación no campionato de pilotos
Clasificación do campionato de construtores

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Read next

In 28 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article