factograf
GL

Gran Premio de Malaisia de 2013

Gran Premio de Malaisia de 2013
All data from the card 12
Nome oficial
2013 Formula 1 Petronas Malaysian Grand Prix
Nome na lingua orixinal
(en) XV Malaysian Grand Prix
Tipo
Gran Premio de Malaisia
Deporte
automobilismo
Parte de
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013
Distancia do evento
56
Localización
Malaisia Circuíto Internacional de Sepang (Selangor)
País
Malaisia
Data
24 de marzo de 2013
Primeiro posto
Sebastian Vettel Red Bull Racing Renault na Fórmula 1
Pole position
Sebastian Vettel
Volta máis rápida
Sergio Pérez Mendoza

O Gran Premio de Malaisia 2013 (formalmente coñecido como o 2013 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de marzo de 2013 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2013, e o dÉcimo quinto Gran Premio de Malaisia na historia do Campionato Mundial de Fórmula1.

Resumo

A carreira comezou coa pista mollada e condicións difíciles, especialmente ao redor da curva 3. Vettel kiderou desde o principio, Alonso golpeou o seu alerón dianteiro na parte traseira do Red Bull. Alonso logrou manterse por diante de Webber de Red Bull, pero na volta 2, o alerón dianteiro rompeuse e Alonso atascouse na grava na curva 1. Vettel fixo unha parada temperá para poñer pneumáticos lisos e caeu varias posicións debido as condicións de mollado, aínda que as recuperou rapidamente cando chegou ás zonas máis secas da pista. Webber posteriormente tomou o liderado da carreira, manténdoo a través da seguinte serie de paradas en boxes.

Os dous coches de Force India víronse obrigados a retirarse logo dos erros nas postas das rodas cativas. Paul di Resta tivo unha parada moi longa e a seguinte de Adrian Sutil estivo condicionada tamén polo mesmo. O equipo cre que as altas temperaturas puideron causar o problema.

Jenson Button liderou brevemente a carreira nas voltas 33 e 34 logo da entrada en boxes de Webber, Vettel, Hamilton e Rosberg, estaba ben situado para lograr algúns puntos útiles para o equipo McLaren. Pero, unha desastrosa parada en boxes na que se colocou unha roda mal custoulle unha volta enteira.

Na volta 44, Webber fixo a súa última parada en boxes e saíu en cabeza, xusto por diante de Vettel. Os dous loitaron durante as seguintes dúas voltas, incluíndo unha pasada moi preto do muro na parte final da recta, despois de Vettel tomou a dianteira pasando ao seu compañeiro de equipo. Christian Horner, director do equipo Red Bull chegou a dicir na radio: "Isto é unha tontería Seb (astian). Imos". Detrás dos líderes da carreira estaba a parella de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg loitando polo terceiro lugar. Rosberg era o máis rápido dos dous nese momento, e en repetidas ocasións pediu ao equipo que lle permitira adiantar a Hamilton, pero o director do equipo Ross Brawn contestou: "Negativo, Nico, negativo". El explicou máis tarde que Hamilton tamén podía ir máis rápido, pero tiña ordes de afrouxar. Cando Rosberg acercouse de novo a Hamilton, Brawn ordenoulle frear de novo, dicindo que non había nada que gañar e que a prioridade era levar ambos coches a meta. Maldonado retirouse despois de verse obrigado a deter o automóbil por razóns de precaución, debido a un problema no KERS, Button e Ricciardo tamén se retiraron ao final da carreira, os dous clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Vettel rematou primeiro e gañou a carreira seguido de Webber, Hamilton, Rosberg, Massa, Grosjean, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez e Vergne. Logo da carreira de Webber e Vettel tiveron unha breve conversación antes da cerimonia do podio. Webber comentou: "Multi-21, Seb multi-21", en referencia a unha instrución dada polo equipo referida ao mapa motor.

Durante as preguntas no podio logo da carreira Webber dixo "Eu tamén quero competir, pero ao final o equipo tomou a decisión... ocupámonos dos pneumáticos, coidar do coche ata o final. Pero hoxe Seb tomou as súas propias decisións, non respectou as ordes de equipo, pero como de costume será protexido e así é como vai a a cousa". Horner recoñeceu máis tarde que Vettel ignorara as ordes de equipo, así como a propia historia de Webber de seguir ordes similares.

Cando a Hamilton preguntóuselle sobre o seu podio, admitiu que Rosberg merecíao máis, e agregou: "Se dígoche a verdade eu realmente sento que Nico debería estar aquí".

Clasificación

Cualificación

Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:37.899 1:37.245 1:49.674 1
2 4 Felipe Massa Ferrari 1:37.712 1:36.874 1:50.587 2
3 3 Fernando Alonso Ferrari 1:37.314 1:36.877 1:50.727 3
4 10 Lewis Hamilton Mercedes 1:37.513 1:36.517 1:51.699 4
5 2 Mark Webber Red Bull-Renault 1:37.619 1:36.449 1:52.244 5
6 9 Nico Rosberg Mercedes 1:37.239 1:36.190 1:52.519 6
7 7 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:36.959 1:36.640 1:52.970 10
8 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:37.487 1:37.117 1:53.175 7
9 15 Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:36.809 1:36.834 1:53.439 8
10 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:37.702 1:37.342 1:54.136 9
11 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:37.363 1:37.636 11
12 11 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:37.931 1:38.125 12
13 19 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:37.722 1:38.822 13
14 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:37.707 1:39.221 14
15 14 Paul di Resta Force India-Mercedes 1:37.493 1:44.509 15
16 16 Pastor Maldonado Williams-Renault 1:37.867 Sen tempo 16
17 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:38.157 17
18 17 Valtteri Bottas Williams-Renault 1:38.207 18
19 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:38.434 19
20 20 Charles Pic Caterham-Renault 1:39.314 20
21 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 1:39.672 21
22 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:39.932 22
107% tempo: 1:43.585
Fonte:

Carreira

Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 56 1:38:56.681 1 25
2 2 Mark Webber Red Bull-Renault 56 +4.2 5 18
3 10 Lewis Hamilton Mercedes 56 +12.1 4 15
4 9 Nico Rosberg Mercedes 56 +12.6 6 12
5 4 Felipe Massa Ferrari 56 +25.6 2 10
6 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 56 +35.5 11 8
7 7 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 56 +48.4 10 6
8 11 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 56 +53.0 12 4
9 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 56 +72.3 9 2
10 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 56 +87.1 17 1
11 17 Valtteri Bottas Williams-Renault 56 +88.6 18
12 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 55 +1 volta 14
13 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 55 +1 volta 19
14 20 Charles Pic Caterham-Renault 55 +1 volta 20
15 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 55 +1 volta 22
16 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 54 +2 voltas 21
17 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 53 Roda 7
18 19 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 51 Exhausto 13
Ret 16 Pastor Maldonado Williams-Renault 45 KERS 16
Ret 15 Adrian Sutil Force India-Mercedes 27 Porca da roda 8
Ret 14 Paul di Resta Force India-Mercedes 22 Porca da roda 15
Ret 3 Fernando Alonso Ferrari 1 Danos por colisión 3
Fonte:[Cómpre referencia]

Posicións logo da carreira

Pos. Piloto Puntos
2 1 Sebastian Vettel 40
1 2 Kimi Räikkönen 31
3 3 Mark Webber 26
1 4 Lewis Hamilton 25
1 5 Felipe Massa 22
Pos. Construtor Puntos
2 1 Red Bull-Renault 56
2 Lotus-Renault 40
2 3 Ferrari 40
4 Mercedes 37
5 Force India-Mercedes 10

Clasificación no campionato de pilotos
Clasificación do campionato de construtores

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2013Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2013
Carreira seguinte:
Gran Premio da China de 2013Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2012Gran Premio de MalaisiaCarreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2014

Read next

In 31 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article