factograf
GL

Gran Premio de Italia de 2020

Gran Premio de Italia de 2020
All data from the card 13
Nome oficial
Formula 1 Gran Premio Heineken d'Italia 2020
Nome na lingua orixinal
(it) Formula 1 Gran Premio Heineken d'Italia 2020
Tipo
Gran Premio de Italia
Deporte
competición de Fórmula 1
Parte de
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020
Distancia do evento
53
Número de participantes
20
Localización
Monza (Provincia de Monza e Brianza) Circuíto de Monza (Monza)
País
Italia
Data
6 de setembro de 2020
Primeiro posto
Pierre Gasly (Scuderia Alpha Tauri) Scuderia Alpha Tauri Honda
Pole position
Lewis Hamilton (01:18,887)
Volta máis rápida
Lewis Hamilton (01:22,746)

O Gran Premio de Italia de 2020, oficialmente coñecido como o XC Gran Premio Heineken d'Italia 2020 foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 6 de setembro de 2020, no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a oitava carreira do campionato de 2020, o noventa Gran Premio de Italia e o septuaxésimo Gran Premio de Italia celebrado en Monza.

Pneumáticos dispoñibles

Pneus dispoñibles para Monza
Pneumáticos para pista seca Pneumáticos para chuvia

Duros (Tipo C2)

Medios (Tipo C3)

Brandos (Tipo C4)
    
Intermedios
   
    Chuvia

Cambios na regulamentación

Antes da carreira, o órgano de goberno, a Federación Internacional do Automóbil, emitiu unha directiva técnica que prohibía os modos de motor específicos para a cualificación a partir do Gran Premio de Italia. A prohibición inicialmente estaba prevista para o Gran Premio de Bélxica de 2020, pero atrasouse unha carreira.

Práctica

A primeira sesión de prácticas interrompeuse brevemente cando Max Verstappen estrelouse na chicana de Ascari. A sesión rematou con Valtteri Bottas como o máis rápido por diante do seu compañeiro de equipo en Mercedes Lewis Hamilton e do piloto de Red Bull Alexander Albon, o terceiro máis rápido.

A segunda sesión de adestramentos non tivo grandes incidentes e concluíu con Hamilton como o máis rápido, seguido de Bottas e Lando Norris de McLaren.

Bottas volveu ser o máis rápido na terceira práctica, seguido de Carlos Sainz de McLaren e o seu compañeiro de equipo Norris. A sesión interrumpíuse brevemente con bandeiras vermellas despois de que Daniel Ricciardo parase o seu Renault R.S.20 cun fallo mecánico.

Clasificación

Lewis Hamilton logrou a pole só 0.069 segundos por diante do Mercedes do seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. O McLaren de Carlos Sainz obtivo o terceiro posto con Sergio Pérez Mendoza cuarto por Racing Point. Max Verstappen foi o quinto no seu Red Bull seguido de Lando Norris. O resto dos dez primeiros foron o Renault co piloto Daniel Ricciardo, Lance Stroll, Alexander Albon e Pierre Gasly da AlphaTauri. Daniil Kvyat terminou 11º, con Esteban Ocon 12º e Charles Leclerc 13º para Ferrari. O Alfa de Kimi Räikkönen logrou o 14º posto con Kevin Magnussen 15º para Haas. Na Q1 quedaron eliminados Romain Grosjean, Sebastian Vettel, Antonio Giovinazzi e ambos pilotos de Williams.

Clasificación da cualificación

Pos. Nº Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:19.514 1:19.092 1:18.887 1
2 77 Valtteri Bottas Mercedes 1:19.786 1:18.952 1:18.956 2
3 55 Carlos Sainz McLaren-Renault 1:20.099 1:19.705 1:19.695 3
4 11 Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 1:20.048 1:19.718 1:19.720 4
5 33 Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 1:20.193 1:19.780 1:19.795 5
6 4 Lando Norris McLaren-Renault 1:20.344 1:19.962 1:19.820 6
7 3 Daniel Ricciardo Renault 1:20.548 1:20.031 1:19.864 7
8 18 Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 1:20.400 1:19.924 1:20.049 8
9 23 Alexander Albon Red Bull Racing-Honda 1:21.104 1:20.064 1:20.090 9
10 10 Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:20.145 1:19.909 1:20.177 10
11 26 Daniil Kvyat AlphaTauri-Honda 1:20.307 1:20.169 11
12 31 Esteban Ocon Renault 1:20.747 1:20.234 12
13 16 Charles Leclerc Ferrari 1:20.443 1:20.273 13
14 7 Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:21.010 1:20.926 14
15 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:20.869 1:21.573 15
16 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:21.139 16
17 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:21.151 17
18 99 Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:21.206 18
19 63 George Russell Williams-Mercedes 1:21.587 19
20 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:21.717 20
107% tempo: 1:25.079
Fonte:

Carreira

Clasificación da carreira

Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 10 Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 53 1:47:06.056 10 25
2 55 Carlos Sainz McLaren-Renault 53 +0.415 3 18
3 18 Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 53 +3.358 8 15
4 4 Lando Norris McLaren-Renault 53 +6.000 6 12
5 77 Valtteri Bottas Mercedes 53 +7.108 2 10
6 3 Daniel Ricciardo Renault 53 +8.391 7 8
7 44 Lewis Hamilton Mercedes 53 +17.245 1 7
8 31 Esteban Ocon Renault 53 +18.691 12 4
9 26 Daniil Kvyat AlphaTauri-Honda 53 +22.208 11 2
10 11 Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 53 +23.224 4 1
11 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 53 +32.876 20
12 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 53 +35.164 16
13 7 Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 53 +36.312 14
14 63 George Russell Williams-Mercedes 53 +36.593 19
15 23 Alexander Albon Red Bull Racing-Honda 53 +37.533 9
16 99 Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 53 +55.199 18
Ret 33 Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 30 Unidade de potencia 5
Ret 16 Charles Leclerc Ferrari 23 Accidente 13
Ret 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari 17 Unidade de potencia 15
Ret 5 Sebastian Vettel Ferrari 6 Freos 17
Volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:22.746 (volta 34)
Fonte:

Posicións logo da carreira

Pos. Piloto Puntos
1 Lewis Hamilton 164
1 2 Valtteri Bottas 117
1 3 Max Verstappen 110
3 4 Lance Stroll 57
1 5 Lando Norris 57
Fonte:
Pos. Construtor Puntos
1 Mercedes 281
2 Red Bull Racing-Honda 158
3 McLaren-Renault 98
4 Racing Point-BWT Mercedes 82
1 5 Renault 71
Fonte:

Clasificación no campionato de pilotos
Clasificación do campionato de construtores

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Véxase tamén

Read next

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article