factograf
GL

Gran Premio de Italia de 2015

Gran Premio de Italia de 2015
All data from the card 13
Nome oficial
Formula 1 Italian Grand Prix 2015
Nome na lingua orixinal
(it) Gran Premio d’Italia 2015
Tipo
Gran Premio de Italia
Deporte
automobilismo
Parte de
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015
Distancia do evento
53
Localización
Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444
Lonxitude
5,793 km
País
Italia
Data
6 de setembro de 2015
Primeiro posto
Lewis Hamilton
Pole position
Lewis Hamilton
Volta máis rápida
Lewis Hamilton

O Gran Premio de Italia de 2015, formalmente coñecido como o 2015 Gran Premio Santander d'Italia é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 6 de setembro de 2015, no Autódromo Nazionale Monza en Italia. Foi a décimo segunda carreira do campionato de 2015, e o sesaxésimo cuarto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.

Resumo da carreira

Sebastian Vettel terminou segundo con Ferrari.
Sebastian Vettel terminou segundo con Ferrari.
Celebracións no podio
Celebracións no podio
2 images

Cualificación

Lewis Hamilton clasificouse na pole cun tempo de 1:23.397, dúas décimas por diante de Kimi Räikkönen de Ferrari. O compañeiro de equipo de Raikkonen, Sebastian Vettel, foi o terceiro cualificado, outras cinco centésimas abaixo.

Post-cualificación

O Toro Rosso de Max Verstappen foi penalizado cun drive-through dentro das tres primeiras voltas da carreira debido a unha saída perigosa dos boxes durante a cualificación, perdeu a carcasa do motor. O Sauber de Marcus Ericsson foi penalizado con tres lugares na grella despois de que molestara a Nico Hülkenberg durante a cualificación.

Carreira

Cando a carreira se puxo en marcha, o Ferrari de Kimi Raikkonen quedou parado e só arrincou logo de todos os demais coches pasaren ao finlandés. Mentres tanto, Hamilton conseguiu na primeira chicana pasar por diante de Vettel, pero o seu compañeiro de equipo Rosberg tivo que evitar o coche de Raikkonen e perdeu dous postos cos dous Williams de Felipe Massa e Valtteri Bottas. Ambos pilotos de Lotus víronse obrigados a retirarse antes do final da segunda volta, Grosjean, debido ao contacto con outro coche, mentres que Maldonado danou o seu chasis cando bateu cun bordo. Mentres Räikkönen remontaba na pista para estar na duodécima posición na volta tres, Lewis Hamilton aumentou rapidamente a súa vantaxe sobre Vettel e colocouse a máis dun segundo da fiestra do DRS. Nico Rosberg foi incapaz de pasar a Bottas na pista. Máis atrás, os coches patrocinados por Red Bull quedaron na parte traseira ata o fin, con Carlos Sainz Jr., Daniel Ricciardo e Daniil Kvyat loitando pola décima posición. Sainz cedeu o seu lugar na volta 11, cando tivo que entrar a boxes para unha penalización de cinco segundos por cortar a chicana na saída. Na volta 14, Hamilton lideraba sobre Vettel por máis de oito segundos, e Rosberg seguía detrás dos Williams no quinto lugar. Detrás do alemán estaban os dous Force India de Sergio Pérez e Nico Hülkenberg.

Na volta 18, Rosberg foi o primeiro dos pilotos de cabeza en entrar a boxes, para intentar "socavar" aos dous Williams, que se viron obrigados a entrar pouco despois. Massa entrou unha volta máis tarde e Bottas na volta 22, ambos saíron dos pits detrás do Mercedes de Rosberg, que agora era terceiro. Na volta 26, tanto Hamilton e Vettel tamén pararon en boxes, Hamilton era líder por diante do Ferrari por máis de doce segundos. Nese momento, Raikkonen, que aínda tiña que parar, estaba no terceiro lugar, pero foi superado facilmente por Rosberg na volta 28. Na volta 29, Daniel Ricciardo, que aínda seguía cas súas pinas orixinais, pasou a Pérez na sexta posición, o mexicano recuperou o posto unha volta máis tarde. Ao final da volta 29, Räikkönen parou en boxes pero case chocou con Roberto Merhi na entrada en boxes. Logo da súa parada, o finlandés saíu décimo, pero rapidamente recuperou o seu posto de novo, logrando o oitavo posto de Marcus Ericsson na volta 32. Na volta 36, Nico Rosberg moveuse a menos de catro segundos de Sebastian Vettel diante del, mentres que Räikkönen púxose sétimo a costa de Nico Hülkenberg.

Na volta 45, Vettel e Rosberg atopan pilotos dobrados na pista, o que permitiu ao Mercedes situarse a menos de tres segundos por detrás do Ferrari. Na volta 49, Mercedes díxolle Hamilton que aumentara a súa velocidade, sen dar ao piloto unha explicación. Con Hamilton líder por diante de Vettel por 23 segundos, a indicación foi inesperada. Máis tarde demostrouse que fora causada polo feito de que o pneumático traseiro esquerdo de Hamilton tiña moi pouca presión na saída, levando ao equipo a temer unha penalización de tempo logo da carreira. Fernando Alonso retirouse da carreira na volta 50 debido á perda de potencia. Unha volta máis tarde, Räikkönen colocouse en sexto lugar logo de adiantar ao Force India de Sergio Pérez. Cunha volta para o final, Rosberg acercábase cada vez máis a Vettel, cando de súpeto o seu motor fallou, o que lle obrigou a retirarse, entregando a Felipe Massa o último lugar no podio, que defendeu a posición co seu compañeiro Bottas durante a última volta. Lewis Hamilton terminou a carreira para lograr a vitoria no que el mesmo describiu como "o mellor [fin de semana] que conducín". terminado 25 segundos por diante de Vettel.

Post-carreira

Durante máis de dúas horas logo da carreira, a vitoria de Hamilton aínda era un tema de debate, xa que atopouse que tanto os seus pneumáticos traseiros esquerdos como os de Nico Rosberg tiñan 0.3psi menos de presión que a permitida. Mentres que Lewis Hamilton declarou na conferencia de prensa post-carreira que el non fora consciente do problema, Os representantes de Williams Pat Symonds e Rob Smedley pediron á descualificación de Hamilton, con este último sinalando que se trata dun "problema de seguridade". Os comisarios finalmente decidiron non realizar ningunha acción, afirmando que: "Ao tomar esta determinación con respecto á presión, os comisarios sinalaron que as mantas de quecemento dos pneumáticos foran desconectadas da súa fonte de enerxía, como é o procedemento normal, e os pneumáticos estaban significativamente por baixo do máximo permitido no momento da medición da FIA na grella e significativamente diferentes das temperaturas doutros coches medidos na grella. Ademais, os comisarios están convencidos de que o equipo seguiu o procedemento especificado na actualidade, supervisado polo fabricante de pneumáticos para o uso seguro dos pneumáticos. Polo tanto, os comisarios deciden non tomar ningunha acción adicional".

As entrevistas no podio, levounas a cabo o director George Lucas, Lewis Hamilton expresou o seu agradecemento ao seu equipo e os afeccionados no lugar. Felipe Massa, preguntado pola pelexa na última volta co seu compañeiro Bottas, declarou: "Estoume facendo vello para isto, ata díxenlle ao equipo que estábame facendo vello. As tres últimas voltas da carreira eu estaba loitando co meu compañeiro de equipo!. foi moi difícil, pero arranxámonolas para estar aquí". Durante a roda de prensa posterior á carreira, Hamilton mostrouse sorprendido polo seu liderado no campionato, xa que non fora informado da retirada de Rosberg nese punto. Cando se lle preguntou sobre o tema de presión de pneumáticos, Sebastian Vettel defendeu a Hamilton, dicindo: "Creo que non é xusto para Lewis porque el non sabía o que está pasando [...] En xustiza el fixo un moi bo traballo hoxe e vostede ten que aceptar iso ".

Logo da carreira, o director do equipo de Red Bull Christian Horner dixo que Mercedes dera "un preocupante paso cara a adiante" coa súa nova especificación do motor, admitindo que o equipo estaba "nunha liga propia de momento". Nico Rosberg, que correra coa vella versión da especificación da unidade de potencia, describiu a carreira como un "gran paso na dirección equivocada". Logo da carreira, o equipo revelou que converteran o seu motor co fin de axudarlle a coller Vettel nas últimas voltas. O equipo admitiu máis tarde que o uso da nova unidade de enerxía no Gran Premio de Italia fora "un risco".

Como resultado da carreira, Lewis Hamilton ampliou a súa vantaxe no campionato a 53 puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Rosberg. O segundo posto significa que Sebastian Vettel achegouse a Rosberg, agora a 21 puntos. No Campionato de Construtores, Mercedes ten 451 puntos, con Ferrari e Williams na segunda e a terceira posición, con 270 e 188 puntos respectivamente.

Cualificación

Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:24.251 1:23.383 1:23.397 1
2 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:24.662 1:23.757 1:23.631 2
3 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:24.989 1:23.577 1:23.685 3
4 6 Nico Rosberg Mercedes 1:24.609 1:23.864 1:23.703 4
5 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:25.184 1:23.983 1:23.940 5
6 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:24.979 1:24.313 1:24.127 6
7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:24.801 1:24.379 1:24.626 7
8 8 Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:25.144 1:24.448 1:25.054 8
9 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:24.937 1:24.510 1:25.317 9
10 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:25.122 1:24.457 1:26.214 12
11 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:25.429 1:24.525 10
12 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:25.121 1:24.898 11
13 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 1:25.410 1:25.618 17
14 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:25.742 1:25.796 18
15 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:25.633 Sen tempo 19
16 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:26.054 15
17 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:26.154 16
18 28 Will Stevens Manor Marussia-Ferrari 1:27.731 13
19 98 Roberto Merhi Manor Marussia-Ferrari 1:27.912 14
107% tempo: 1:30.149
20 33 Max Verstappen Toro Rosso-Renault Sen tempo 20
Fonte:

Carreira

Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts.
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 43 1:18:00.688 1 25
2 5 Sebastian Vettel Ferrari 53 + 25.042 3 18
3 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 53 + 47.635 5 15
4 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 53 + 47.966 6 12
5 7 Kimi Räikkönen Ferrari 53 + 1:08.860 2 10
6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 53 + 1:12.783 7 8
7 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 52 + 1 volta 9 6
8 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 52 + 1 volta 19 4
9 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 52 + 1 volta 12 2
10 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 52 + 1 volta 18 1
11 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 52 + 1 volta 17
12 33 Max Verstappen Toro Rosso-Renault 52 + 1 volta 20
13 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 52 + 1 volta 11
14 22 Jenson Button McLaren-Honda 52 + 1 volta 15
15 28 Will Stevens Manor Marussia-Ferrari 51 + 2 voltas 13
16 98 Roberto Merhi Manor Marussia-Ferrari 51 + 2 voltas 14
17 6 Nico Rosberg Mercedes 50 Motor 4
18 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 47 Perdida de potencia 16
Ret. 8 Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1 Colisión 8
Ret. 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1 Colisión 10

Posicións logo da carreira

Pos. Piloto Pts.
1 Lewis Hamilton 252
2 Nico Rosberg 199
3 Sebastian Vettel 178
4 Felipe Massa 97
5 Kimi Räikkönen 92
Pos. Construtor Pts.
1 Mercedes 451
2 Ferrari 270
3 Williams-Mercedes 188
4 Red Bull-Renault 113
5 Force India-Mercedes 63

Clasificación no campionato de pilotos
Clasificación do campionato de construtores

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 2015Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2015
Carreira seguinte:
Gran Premio de Singapur de 2015Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2014Gran Premio de ItaliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2016

Read next

In 27 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article