factograf
GL

Gran Premio de Alemaña de 1987

All data from the card 11
Nome oficial
Mobil German Grand Prix
Tipo
Gran Premio de Alemaña
Deporte
automobilismo
Parte de
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987
Distancia do evento
45
Localización
Hockenheimring (Hockenheim) Hockenheim (Distrito de Rin-Neckar) Alemaña do Oeste
País
Alemaña
Data
26 de xullo de 1987
Primeiro posto
Nelson Piquet WilliamsF1 Honda
Pole position
Nigel Mansell
Volta máis rápida
Nigel Mansell

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1987 (oficialmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Hockenheimring o 26 de xullo de 1987. Foi a oitava rolda da tempada de 1987, o 49º Gran Premio de Alemaña e o undécimo que se celebrou no circuíto de Hockenheim. Disputouse sobre 44 voltas ao circuíto de sete quilómetro nunha distancia de carreira de 298´760 km.

Antes da carreira

Na semana previa ao Gran Premio de Alemaña unha serie de equipos probaron no circuíto de Hockenheim. Durante as probas Ayrton Senna tivo unha saída de pista moi afortunada cando falloulle un pneumático traseiro a máis de 300 km/h na longa recta que conduce á Bremsschikane. A esquina traseira do seu Lotus 99T quedou destruída, as partes foron difíciles de atopar, xa que a maioría terminaron voando cara ao bosque. Como resultado do accidente Goodyear tomou a precaución de traer de inmediato vía aérea, novos pneumáticos con outros compostos desde a súa planta en Akron nos Estados Unidos a tempo para o Gran Premio da fin de semana.

Determinouse que o fallo dos pneumáticos era o resultado dunha picada na volta anterior. Con todo o sistema de suspensión activa do Lotus compensouno e mantivo o coche na súa altura correcta, enmascarando o problema de Senna. Isto causou que moitos cuestionaran o sistema na crenza xeral de que nun coche con suspensión pasiva Senna sabería que tiña unha picada na roda e non continuaría pilotando a alta velocidade.

Carreira

A carreira foi gañada polo eventual campión do mundo de 1987, Nelson Piquet pilotando o Williams FW11B. Foi a súa primeira vitoria da tempada e a súa terceira vitoria no Gran Premio de Alemaña, previamente gañara con Brabham en 1981 e con Williams no ano anterior. Piquet gañou por máis dun minuto e medio sobre o piloto sueco Stefan Johansson pilotando un McLaren MP4 / 3, que se entrou na liña de meta en tres rodas debido a unha picada sufrida pouco máis aló dos boxes na súa Última volta. O segundo lugar do sueco foi o podio número 50 do motor turbo de Porsche deseñado por TAG. Piquet herdou a vitoria logo dos fallos nos motores do seu compañeiro de equipo, o británico Nigel Mansell, e do actual campión, o francés Alain Prost no (McLaren MP4/3). Ayrton Senna terminou terceiro no seu Lotus 99T.

Só seis coches terminaron a carreira, as longas rectas tiveron o seu efecto na fiabilidade dos motores. Os coches de aspiración natural terminaron tan alto como o cuarto lugar do francés Philippe Streiff levando ao equipo Tyrrell ao primeiro e segundo lugar na clasificación dos trofeos Jim Clark e Colin Chapman. O sexto posto o foi piloto francés Philippe Alliot pilotando un Lola LC87 no novo equipo Larrousse. Foi o segundo resultado entre os primeiros seis de Alliot na Fórmula Un e o primeiro punto no campionato mundial de Larrousse, aínda que o punto no Campionato de Construtores foi para os deseñadores do chasis, Lola Cars.

A vitoria de Piquet o catapultouno ao primeiro lugar do campionato por primeira vez en 1987, catro puntos por diante de Senna e nove por diante de Mansell.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Nelson Piquet Williams-Honda 44 1:21:25.091 4 9
2 2 Stefan Johansson McLaren-TAG 44 + 1:39.591 8 6
3 12 Ayrton Senna Lotus-Honda 43 + 1 volta 2 4
4 (1) 4 Philippe Streiff Tyrrell-Ford 43 + 1 volta 22 3
5 (2) 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 43 + 1 volta 23 2
6 (3) 30 Philippe Alliot Lola-Ford 42 + 2 voltas 21 1
7 1 Alain Prost McLaren-TAG 39 Eléctrico 3
NC 9 Martin Brundle Zakspeed 34 Non Clasificado 19
Ret 26 Piercarlo Ghinzani Ligier-Megatron 32 Motor 17
Ret 23 Adrián Campos Minardi-Motori Moderni 28 Motor 18
Ret 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 26 Motor 6
Ret 5 Nigel Mansell Williams-Honda 25 Motor 1
Ret 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 25 Motor 16
Ret 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 23 Turbo 13
Ret 10 Christian Danner Zakspeed 21 Palier 20
Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 19 Turbo 10
Ret 19 Teo Fabi Benetton-Ford 18 Motor 9
Ret 21 Alex Caffi Osella-Alfa Romeo 17 Motor 26
Ret 8 Andrea de Cesaris Brabham-BMW 12 Motor 7
Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 10 Turbo 5
Ret 14 Pascal Fabre AGS-Ford 10 Motor 25
Ret 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 9 Acelerador 15
Ret 11 Satoru Nakajima Lotus-Honda 9 Turbo 14
Ret 16 Ivan Capelli March-Ford 7 Motor 24
Ret 25 René Arnoux Ligier-Megatron 6 Encendido 12
Ret 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 5 Encendido 11
Fonte:
  • Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.

Posicións logo da carreira

Pos Piloto Puntos
1 Nelson Piquet 39
2 Ayrton Senna 35
3 Nigel Mansell 30
4 Alain Prost 26
5 Stefan Johansson 19
Pos Construtor Puntos
1 Williams-Honda 69
2 McLaren-TAG 45
3 Lotus-Honda 41
4 Ferrari 17
5 Tyrrell-Ford 8

Clasificación no campionato de piloto
Clasificación do campionato de construtores

Pos Piloto Puntos
1 Jonathan Palmer 48
2 Philippe Streiff 39
3 Pascal Fabre 34
4 Philippe Alliot 19
5 Ivan Capelli 6
Pos Construtor Puntos
1 Tyrrell-Ford 87
2 AGS-Ford 32
3 Lola-Ford 19
4 March-Ford 6

Clasificación Trofeo Jim Clark
Clasificación Trofeo Colin Chapman

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos nos catro grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1987Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1987
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 1987Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1986Gran Premio de AlemañaCarreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1988

Read next

In 22 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article