factograf
GL

Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021

Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021
All data from the card 11
Nome na lingua orixinal
(it) Formula 1 Pirelli Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia Romagna 2021
Tipo
Gran Premio da Emilia-Romaña
Deporte
Formula racing
Parte de
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
Distancia do evento
63
Localización
Imola (città metropolitana di Bologna) Emilia Romaña (Italia) Autódromo Enzo e Dino Ferrari (Imola)
País
Italia
Intervalo de tempo
16 de abril de 2021 – 18 de abril de 2021
Primeiro posto
Max Verstappen Red Bull Racing
Pole position
Lewis Hamilton (01:14,411)
Volta máis rápida
Lewis Hamilton (01:16,702)

O Gran Premio Emilia Romagna 2021 (coñecido oficialmente como Formula 1 Pirelli Gran Premio Del Made In Italy E Dell'emilia Romagna 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que tivo lugar o 18 de abril de 2021 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari de Imola, Italia. Será a segunda carreira de Fórmula Un disputada no Autodromo Internazionale Enzo e Dino Ferrari desde o 2006 e a segunda carreira baixo o nome de Gran Premio da Emilia-Romaña. Será a segunda rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.

Pneus dispoñibles

Pneus dispoñibles para Imola
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Duros (Tipo C2) Medios (Tipo C3) Brandos (Tipo C4)     
Intermedios
   
      Chuvia

Antecedentes

A carreira foi a segunda rolda do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2021 e a segunda carreira do Gran Premio de Emilia Romaña. Era a vixésimo novena vez que Imola organizaba unha carreira de Fórmula Un, xa que antes organizara 27 edicións do Gran Premio de San Mariño e do Gran Premio de Italia de 1980. A diferenza da edición de 2020 (que tivo lugar durante dous días), este evento utilizou o formato tradicional de tres días.

Os pilotos e os equipos foron os mesmos que a lista de inscricións da tempada sen pilotos adicionais para a carreira. O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os C2, C3 e C4 (designados duro, medio e brando respectivamente) para usar no evento.

En marzo de 2021, os organizadores anunciaron que a carreira celebraríase a porta pechada debido á pandemia da COVID-19 en Italia. A zona DRS situada na recta principal sería máis longa que a edición anterior da carreira, para axudar aos adiantamentos. O punto de detección moveuse despois da curva 18 a antes da curva 17.


Lewis Hamilton entrou na fin de semana como o defensor vencedor da carreira e líder do campionato, cunha vantaxe de sete puntos sobre Max Verstappen de [[Red Bull Racing]]. Verstappen considerouse o favorito para gañar a carreira, por diante de Hamilton e o seu compañeiro de equipo, Valtteri Bottas. Algúns equipos tiñan pezas novas nos seus coches para a primeira carreira europea do ano, con Ferrari e Williams empregando as súas versións dos pisos "en forma de Z" que Mercedes e Red Bull utilizaran en Bahrain.

Clasificación

O tempo da sesión de cualificación cambiouse para evitar a coicidencia co funeral do príncipe Felipe, duque de Edimburgo, que morreu o 9 de abril, como resultado os tempos de inicio para as sesións de prácticas tamén se modificacron..

Antes do comezo da clasificación gardarase un minuto de silencio como pésame polo falecemento do príncipe Felipe. A clasificación debe comezar ás 14:00 hora local (UTC + 02: 00).

Hamilton clasificouse na pole con Pérez na segunda. Esta é a nonagésima novena pole position de Hamilton. Norris fixo o terceiro mellor tempo da última sesión, pero quedou eliminado porque acortou a pista, o que significa que se clasificou sétimo. Verstappen clasificouse no terceiro posto, e os dous pilotos de Red Bull chegaron a unha décima de segundo do tempo de Hamilton. Leclerc clasificouse cuarto mentres o seu compañeiro de equipo Ferrari, Sainz, non logrou entrar na última sesión e clasificouse undécimo. Gasly e Ricciardo clasificáronse quinto e sexto. Bottas clasificouse oitavo, pero logrou a segunda sesión en pneumáticos medianos, do mesmo xeito que Hamilton e Verstappen. Ocon foi o máis lento na última sesión pero clasificouse noveno, e Stroll clasificouse décimo sen tempo. Os dous pilotos de Williams chegaron á segunda sesión, con Russell clasificado no duodécimo posto e Latifi no décimo cuarto. Vettel e Alonso clasificáronse décimo terceiro e décimo quinto. Tanto os pilotos de Alfa Romeo como Haas non lograron pasar sa primeira sesión, mentres que Tsunoda quedou no último posto porque un accidente lle impediu establecer un tempo.

Clasificación da cualificación

Pos. Nº} Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:14.955 1:14.817 1:14.411 1
2 11 Sergio Perez Red Bull Racing 1:15.395 1:14.716 1:14.446 2
3 33 Max Verstappen Red Bull Racing 1:15.109 1:14.884 1:14.498 3
4 16 Charles Leclerc Scuderia Ferrari 1:15.413 1:14.808 1:14.740 4
5 10 Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:15.548 1:14.927 1:14.790 5
6 3 Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:15.669 1:15.033 1:14.826 6
7 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:15.009 1:14.718 1:14.875 7
8 77 Valtteri Bottas Mercedes 1:14.672 1:14.905 1:14.898 8
9 31 Esteban Ocon Alpine-Renault 1:15.385 1:15.117 1:15.210 9
10 18 Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 1:15.522 1:15.138 Sen tempo 10
11 55 Carlos Sainz Ferrari 1:15.406 1:15.199 11
12 63 George Russell Williams-Mercedes 1:15.826 1:15.261 12
13 5 Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 1:15.917 1:15.394 PL
14 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:15.653 1:15.593 14
15 14 Fernando Alonso Alpine-Renault 1:15.832 1:15.593 15
16 7 Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:15.974 16
17 99 Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:16.122 17
18 47 Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:16.279 18
19 9 Nikita Mazepin Haas-Ferrari 1:16.797 19
107% tempo: 1:19.899
NSC 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda Sen tempo 20
Fonte:

Carreira

A carreira comezou ás 15:00 hora local (UTC + 02:00) e disputouse durante 63 voltas. Choveu antes da carreira. No seu camiño á grella de saída Fernando Alonso saíu da pista e bateu contra a parede en Tosa, conseguiu chegar á grella, onde os mecánicos Alpine foron capaces de solucionar o dano. Vettel tivo que partir do pitlane despois de que os freos se quentaran antes da carreira e recibiu unha penalización de dez segundos cando o equipo non axustou os pneumáticos do seu coche antes do prazo de cinco minutos. Na volta de formación o piloto de Ferrari Charles Leclerc trompeou, pero saíu da trampa de grava e comezou a carreira. Pierre Gasly comezou con pneumáticos de mollado, do mesmo xeito que Esteban Ocon.

No inicio da carreira, Max Verstappen conseguiu adiantar ao seu compañeiro de equipo Sergio Pérez e ao polisitter Lewis Hamilton para tomar o liderado. Hamilton intentou superalo na freada e buscou adiantalo polo exterior por encima das beiravías na curva do Tamburello, o que lle danou a á dianteira. No camiño á chicana Variente Alta, Nikita Mazepin non foi capaz de evitar o Williams de Nicholas Latifi, que corría polo lado dereito da Acque Minerali. O Haas de Mazepin saíu intacto, pero Latifi trompeou e foise contra a parede e finalizou a súa carreira.

Saíu o coche de seguridade ao final da primeiro volta despois de que Latifi estrelárase despois do contacto con Mazepin. Durante o coche de seguridade, Mick Schumacher trompeou preto da saída do pit e perdeu a súa á dianteira, mentres que Pérez, despois de caer na grava, recuperou ilegalmente a súa posición, unha acción que lle valíu unha penalización de dez segundos.

A choiva que cesou gradualmente, Vettel foi o primeiro piloto en cambiar a pneumáticos slick, cousa que fixo na volta 22. Verstappen, líder a pouco máis dun segundo de Hamilton, entrou a boxes na volta 27 para montar slicks. Hamilton, que buscaba empregar o overcut, parecía estar cobado con cobado co seu rival cando entrou en boxes na seguinte volta, pero un pitstop relativamente lento deixouno detrás de Verstappen.

Na trixésimo primeira volta, Hamilton caeu na grava en Tosa, mentres intentaba dobrar ao Williams de George Russell. Conseguiu reincorporarse á carreira, aínda que con danos na súa á dianteira causados ​​pola barreira. Pouco despois, Russell estivo involucrado nun accidente co outro Mercedes de Valtteri Bottas, á entrada da rápida chicana Tamburello. Sacouse bandeira vermella porque os restos espalláronse pola pista. Ambos pilotos estaban notoriamente enfurecidos tralo incidente, Russell marchou cara aos restos do Mercedes de Bottas e deulle unha palmada a Bottas no casco, mentres que Bottas facialle a figa a Russell. Os dous circulaban ao redor de 320 km/h cando chocaron. Os comisarios clasificaron o incidente como un incidente de carreira, ningún dos dous pilotos foi penalizado.

Xusto antes do reinicio, Verstappen case trompeou en Rivazza, pero conseguiu manter o control; mantivo o liderado e afastouse o resto da carreira. Detrás del, Lando Norris superou á Ferrari de Charles Leclerc polo segundo posto, mentres que Pérez e Yuki Tsunoda trompearon en Villeneuve e Tamburello respectivamente, caendo ata o 14 e 15. Hamilton, que comezou noveno despois da bandeira vermella, progresou cara a arriba pola pista, e finalmente conseguiu superar ao teimudo McLaren de Norris para acadar o segundo posto na volta 60. Norris logrou o seu segundo podio co terceiro posto. Hamilton gañou o punto extra pola volta rápida, o que lle permitiu manter o liderado no campionato sobre Verstappen.

Post carreira

O día seguinte Russell expresou o seu desexo de "despexar o aire" con Bottas tras o enfrontamento. Máis tarde Russell pediu perdón a Bottas e ao equipo de Williams. Gran parte do coche de Bottas sufriu danos irrepararables. Bottas sufriu danos nun xeonllo no accidente a 30 G.

Despois da carreira, Stroll recibiu unha penalización de cinco segundos por cortar a chicana Tamburello, pasando da sétima á oitava posición. Räikkönen recibiu unha penalización de trinta e dous segundos despois de incumprir as regras de reinicio, baixando do noveno lugar ao décimo terceiro.

Clasificación da carreira

Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella final Puntos
1 33 Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 63 2:02:34.598 3 25
2 44 Lewis Hamilton Mercedes 63 +22.000 1 19
3 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 63 +23.702 7 15
4 16 Charles Leclerc Ferrari 63 +25.579 4 12
5 55 Carlos Sainz Ferrari 63 +27.036 11 10
6 3 Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 63 +51.220 6 8
7 10 Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 63 +52.818 5 6
8 18 Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 63 +56.909 10 4
9 31 Esteban Ocon Alpine-Renault 63 +1:05.704 9 2
10 14 Fernando Alonso Alpine-Renault 63 +1:06.561 15 1
11 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 63 +1:07.151 2
12 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 63 +1:13.184 20
13 7 Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 63 +1:34.773 16
14 99 Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 62 +1 volta 17
15 5 Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 62 Caixa de cambios PL
16 47 Mick Schumacher Haas-Ferrari 61 +2 voltas 18
17 9 Nikita Mazepin Haas-Ferrari 61 +2 voltas 19
Ret 77 Valtteri Bottas Mercedes 30 Colisión 8
Ret 63 George Russell Williams-Mercedes 30 Colisión 12
Ret 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 0 Accidente 14
Volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:16.702 (volta 60)
Fonte:

Posicións logo da carreira

Pos. Piloto Puntos
1 Lewis Hamilton 44
2 Max Verstappen 43
1 3 Lando Norris 27
2 4 Charles Leclerc 20
2 5 Valtteri Bottas 16
Fonte:
Pos. Construtor Puntos
1 Mercedes 60
2 Red Bull Racing-Honda 53
3 McLaren-Mercedes 41
4 Ferrari 34
1 5 Aston Martin-Mercedes 7
Fonte:

Clasificaión no campionato de pilotos
Clasificación do campionato de construtores


  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2021Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 2021Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020Gran Premio da Emilia-RomañaCarreira seguinte:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2022

Read next

In 34 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article