O glioma é un tipo de cancro que se produce no cerebro ou na medula espiñal. Chámase glioma por ter como precursor a célula glial. A súa localización máis frecuente é no cerebro. Os gliomas poden ser beningos, sendo de baixo grao e sen capacidade de producir metástase; ou malignos, os cales teñen un prognóstico peor.
Clasificación
Segundo o tipo de célula glial afectada, falaremos de diferentes tumores. Así pois, os principais gliomas son:
- Ependiomas: tumor das células ependimarias.
- Astrocitoma: tumor dos astrocitos.
- Oligodendrioma ou Oligodendroglioma: tumor dos oligodendrocitos.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Información sobre os gliomas en Medline Plus. [Ligazón morta]
----
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
