factograf
GL

Gianni Vattimo

Gianni Vattimo
All data from the card 14
Nacemento
(it) Gianteresio Vattimo 4 de xaneiro de 1936 Turín
Morte
19 de setembro de 2023 (87 anos)Turín
Educación
Universidade de Turín
Campo de traballo
Filosofía e política
Lugar de traballo
Turín Estrasburgo Bruxelas
Ocupación
filósofo, político, profesor universitario, escritor
Empregador
Universidade de Turín
Partido político
Itália de Valores (pt) Partido Comunista (Itália) (pt)
Membro de
Accademia delle Scienze di Torino (1986–)Academia Europea das Ciencias e Artes
Profesores
Luigi Pareyson e Hans-Georg Gadamer
Alumnos
Dario Buzzolan (pt) , Edoardo Camurri (pt) , Franca D'Agostini (en) e Alessandro Baricco
Influencias
Luigi Pareyson
Arquivos en
Bilblioteca de la Universidad Pompeu Fabra - Biblioteca/CRAI de la Ciutadella (en)
Sitio web
giannivattimo.blogspot.com

Gianni Vattimo, nado en Turín o 4 de xaneiro de 1936 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 2023, foi un filósofo italiano e activista político, identificado coa hermenéutica, a posmodernidade e outros sincretismos. É unha figura significativa do denominado pensamento feble.

Traxectoria

Estudou na Universidade de Turín e na de Heiderberg. Exerceu a docencia en Turín, Os Ánxeles e Nova York. Foi Catedrático de Filosofía Teorética.

Participou en política a través do Partido Radical e logo na converxencia de forzas políticas denominada a Oliveira. Foi deputado no Parlamento Europeo en Demócratas de Esquerda. Foi membro da dirección nacional de Coordinamento Omosessuale.

Pensamento

Vattimo entendía que os grandes relatos omnicomprensivos están en crise. O seu lugar ocúpano os medios de comunicación, coa súa información superficial e múltiple e a complexidade das linguaxes técnicas. A única filosofía da historia posible arestora é a que narra a súa fin. Xa non existen nin fíos condutores nin posibilidade dunha visión totalizadora. A única visión posible é a que asuma o esnaquizamento da vida, que xa non reside no todo senón na fragmentación. Isto é a consecuencia do que Nietzsche denominou "a morte de Deus", que implica tamén o final da metafísica. Lonxe do catastrofismo de Lyotard, entende que a sociedade está a entrar na fase do posthistórico, onde se poden abrir novas oportunidades e posibilidades. Así, se se nega unha racionalidade central tamén desaparecen as coartadas para silenciar ou esmagar os discursos das minorías, sexan estas étnicas, relixiosas ou sexuais.

Obras

  • Il pensiero debole, Milán, 1983
  • La società transparente, Milán 1989
  • La fine della modernità, Turín. Milán, 1985
  • Filosofia al presente, Milán, 1990
  • Oltre l'interpretazione, Milán 1994
  • Credere di credere, Milán 1996
  • Vocazione e responsabilità del filosofo, Milán, 1996
  • Ecce comu. Come si ri-diventa ciò che si era, Roma, 2007

In 31 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article