factograf
GL
Sign in

Geraint

Geraint

Key facts

data de nacemento448
data de falecemento508
instancia depersonaxe humano ficticio, personaxe literario
ocupacióncabaleiro
descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia
All data from the card 1
Freebase
/m/07cvzc
Geraint, coa súa muller Enida, extraído do Idylls of the King
Geraint, coa súa muller Enida, extraído do Idylls of the King

Geraint é un personaxe pertencente ó folclore galés que aparece nas lendas artúricas e na Materia de Bretaña. É descrito como o rei de Dumnonia e como un afouto guerreiro. É posíbel que vivira pouco antes do tempo do Rei Artur, pero algúns estudosos dubidan a súa existencia. O seu nome é a forma en galés do nome latino Gerontius.

Personaxe histórico

O pai de Geraint foi Erbin, un pastor de ovellas, e de acordo co Culhwch ac Olwen, tiña dous irmáns chamados Ermind e Dywel. Aparece un 'Geraint do Sur' na Batalla de Catraeth (cara ao ano 600 d.C.) no poema Y Gododdin, atribuído a Aneirin. Geraint foi un dos "tres mariños da Illa de Gran Bretaña", segundo as Trioedd Ynys Prydain. As súas fazañas na Batalla de Llongborth son celebradas no poema Geraint fillo de Erbin, que poder ter sido composto no século X ou no XI. Tamén aparece un Rei Geraint en 'Life of Saint Teilo' e existen lendas locais dun Rei Geraint, santo patrón de Gerrans, que foi soterrado en Carne Beacon preto de Veryan. A súa festividade celébrase o 10 de agosto.

Lenda Artúrica

É probábel que sexa coñecido como o protagonista do relato galés Geraint e Enid, onde se converte no amante de Enida. Geraint e Enid é un dos tres Y Tair Rhamant asociados co Mabinogion. A súa historia ten moitos paralelismos con Erec e Enide, escrito polo escritor francés Chrétien de Troyes. Algúns estudosos conciben as dúas obras como derivadas dunha fonte común perdida, pero a maioría cre que a versión galesa deriva directa ou indirectamente de Chrétien. Nese caso, a renomeada figura de Geraint tería a finalidade de adaptarse ó público de Gales que non estaba familiarizado co protagonista de Chrétien.

Geraint e Enid foi reformulado por Alfred Tennyson nos poemas The Marriage of Geraint e Geraint e Enid, que forman parte da súa Idylls of the King.

Read next

In 17 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article