factograf
GL

George Burns

George Burns

Key facts

data de nacemento20 de xaneiro de 1896
data de falecemento9 de marzo de 1996
ocupaciónhumorista, escritor, actor de televisión
lugar de nacementoNova York
lugar de falecementoBeverly Hills
cónxuxeGracie Allen
All data from the card 12
Nacemento
(en) Nathan Birnbaum 20 de xaneiro de 1896 Nova York
Morte
9 de marzo de 1996 (100 anos)Beverly Hills
Causa da morte
insuficiencia cardíaca
Lugar de sepultura
Forest Lawn Memorial Park
Ocupación
humorista, actor, cantante, actor de cinema, escritor, actor de televisión, presentador de televisión
Período de actividade
1902 - 1996
Membro de
Burns and Allen (en)
Xénero artístico
Música country
Compañeiro profesional
Gracie Allen: Burns and Allen (en)
Cónxuxe
Gracie Allen (1926–1964)
Fillos
Ronnie Burns
Sitio web
georgeburns.com

Nathan Birnbaum, nado en Nova York o 20 de xaneiro de 1896 e finado en Beverly Hills (California) o 9 de marzo de 1996, foi un cómico, actor e guionista estadounidense, coñecido como George Burns.

Traxectoria

Burns foi o noveno dos doce fillos de Louis "Lippe" Birnbaum e Dorah Bluth, inmigrantes xudeus procedentes de Romanía. O seu pai foi cantor substituto na sinagoga local, mais o seu emprego era o de pasador de abrigos. Durante a epidemia de gripe de 1903 contraeu a enfermidade e morreu aos 47 anos. O mozo Burns tivo entón que traballar para axudar a súa familia limpando zapatos, facendo recados e vendendo xornais.

Como el mesmo contou foi "descoberto" aos sete anos cando traballaba facendo xarope nunha tenda de lambetadas.

A súa primeira dona foi Hannah Siegel. O matrimonio, nunca consumado durou 26 semanas e ocorreu porque a familia dela non a deixaría ir de xira se non casaban. Divorciáronse cando acabou a xira.

Normalmente actuaba cunha rapaza e parecía ter habilidade para a comedia, pero nunca conxeniou cunha das súas parellas ata que coñeceu unha moza irlandesa católica en 1923. "E todo sucedeu", dixo anos despois, "o público deuse de conta de que eu tiña talento. Tiñan razón. Tiña un talento… e estiven casado con ela durante 38 anos". Gracie Allen, que comezara no vodevil en 1909 e tras coñecer a Burns comezaron como dúo cómico e casaron en 1926. Burns escribía os seus propios guións, aínda que poucas veces aparecía acreditado, e a mesma tarefa faría no cinema, na radio e finalmente na televisión, primeiro só e logo co seu irmán Willie e un equipo de guionistas.

Burns e Allen comezaron no cinema cunha serie de curtametraxes cómicas a finais da décad de 1930 e en 1932 conseguiron o seu propio programa de radio. Pasaron logo á televisión, con The George Burns and Gracie Allen Show, que durou desde 1950 ata 1958, cando Burns aceptou a xubilación de Allen. Tras unha longa batalla cunha doenza cardíaca, Gracie faleceu o 27 de agosto de 1964 vítima dun ataque ao corazón.

Trala morte da súa esposa, Burns centrouse no traballo. En 1974 Jack Benny fichou para interpretar un dos protagonistas de The Sunshine Boys, baseado nunha obra de teatro de Neil Simon. Porén a saúde de Benny comezaba a decaer e pediu ao seu representante que recomendase ao seu amigo Burns para substituílo. Burns aceptou o traballo e finalmente gañou o Oscar ao mellor actor secundario. Nese momento converteuse na persoa de máis idade en gañar o premio.

En 1977 interpretou a Deus no éxito Oh, God!, con John Denver e en 1984 apareceu na portada de Penthouse con Vanessa Williams. Burns seguiu traballando ben cumpridos os noventa anos.

En xullo de 1994 sufriu unha ferida na cabeza ao caerse da bañeira, da que nunca se acabou de recuperar. En decembro de 1995 estaba ben abondo para asistir a unha festa de Nadal organizada por Frank Sinatra, mais na festa colleu unha gripe que o debilitou aínda máis. O 20 de xaneiro de 1996 estaba feble de máis para asistir ás celebracións polo seu centenario, mais bromeou con que o que quería para este día sería "unha noite con Sharon Stone". Faleceu 49 días máis tarde e foi enterrado con Gracie Allen. Na cripta escribiron "Gracie Allen (1902-1964) & George Burns (1896-1996)-Together Again" (“Xuntos de novo”).

Filmografía

  • The Big Broadcast (1932)
  • International House (1933)
  • College Humor (1933)
  • Six of a Kind (1934)
  • We're Not Dressing (1934)
  • Many Happy Returns (1934)
  • Love in Bloom (1935)
  • Here Comes Cookie (1935)
  • The Big Broadcast of 1937 (1936)
  • College Holiday (1936)
  • Winterset (1936)
  • A Damsel in Distress (1937)
  • College Swing (1938)
  • Honolulu (1939)
  • The Solid Gold Cadillac (1956) (narrador)
  • The Sunshine Boys (1975)
  • Oh, God! (1977)
  • Movie Movie (1978)
  • Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1978)
  • Just You and Me, Kid (1979)
  • Going in Style (1979)
  • Oh, God! Book II (1980)
  • Oh, God! You Devil (1984)
  • 18 Again! (1988)
  • A Century of Cinema (1994) (documental)
  • Radioland Murders (1994)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gottfried, Martin (1996). George Burns. Simon & Schuster.
  • Young, Jordan R. (1999). The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0.

Ligazóns externas

  • George Burns na IMDb (en inglés).
  • Home of George Burns & Gracie Allen-Radio Television Mirror-December 1940 (páxina 17) Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine.

Read next

In 42 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article