factograf
GL
Sign in

General Electric

General Electric
All data from the card 3
VIAF
143111218
ISNI
0000000109430267
Freebase
/m/03bnb
Thomas Edison, 1878.
Thomas Edison, 1878.
Edificio de General Electric en Nova York.
Edificio de General Electric en Nova York.
2 images
A empresa non debe ser confundida con: General Electric Company plc

General Electric Company, máis coñecida como General Electric (abreviada GE), foi unha empresa multinacional estadounidense fundada en Nova York e con sede en Connecticut. A empresa operaba principalmente en catro sectores: enerxía, infraestruturas tecnolóxicas, capital, sector financeiro, sector doméstico e industrial.

Historia

En 1890, Thomas Alva Edison xuntara varios dos seus negocios baixo unha corporación para formar Edison General Electric. Case ao mesmo tempo, Charles Coffin, dirixindo Thomson-Houston Electric Company, adquiriu un bo número de competidores e tivo acceso ás súas patentes clave.

General Electric foi formada pola fusión en 1892 de Edison General Electric en Schenectady, Nova York, e Thomson-Houston Electric Company de Lynn, Massachusetts. Ámbalas plantas continuaron operando baixo a marca de General Electric. A empresa foi fundada en Nova York, coa planta de Schenectady utilizada como sede durante moitos anos.

En 1910 a compañía comezou a produción en masa das lámpadas de filamento de tungsteno (a patente para o uso de filamentos incandescentes mercáronlla ao inventor ruso Aleksandr Lodygin en 1906).

En 1925 saca ao mercado o primeiro refrixerador para o fogar.

En 1928 abre unha emisora ​​de radio e comeza a transmisión de programas de televisión.

En 1942 proba o seu primeiro motor a reacción.

En 1947 comeza a produción masiva de lavadoras automáticas.

En 1960 a compañía produce unha metralladora M134 Minigun, un dos seus produtos emblemáticos.

General Electric tiña unha ampla historia de traballo con turbinas no campo de xeración de enerxía. A compañía introduciu os primeiros turbocompresores durante a primeira guerra mundial, e continuou desenvolvéndoos durante o período de entreguerras, chegando a ser indispensables nos anos inmediatamente antes da segunda guerra mundial. General Electric tamén traballou con deseños de Frank Whittle durante a guerra, introducindo os motores de reacción de Whittle nos Estados Unidos durante os anos 1940. Isto conduciu á fundación de General Electric Aviation, que é actualmente un dos maiores fabricantes de motores no mundo, só por detrás de Rolls-Royce de Gran Bretaña, que abriu o camiño no deseño e a fabricación de motores. En 2002, General Electric mercou os activos de enerxía eólica de Enron durante a liquidación por creba.

Actividades

A empresa contou con 6 unidades de negocio:

  • GE Energy fabricaba equipos de tratamento de auga e equipos de purificación de auga para a xeración de enerxía, distribución segura e fiable de electricidade, equipos de gas, incluíndo turbinas.
  • GE Healthcare fabricaba equipos médicos.
  • GE Transportation fabricaba locomotoras para mercancías e pasaxeiros, sinalización ferroviaria, motores diésel para ferrocarril e mariños, así como os sistemas de propulsión para camións mineiros e perforadoras.
  • GE Aviation producía motores a reacción, turbinas de gas para o seu uso na construción naval, así como avións.
  • GE Capital incluía GE Money Bank e GE Servizos de Aviación Comercial.
  • Home & Business Solutions, incluíndo GE Iluminación, Intelligent Platforms, producía aparatos de iluminación e sistemas de alimentación ininterrompida.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina web de GE (en varias linguas)

Read next

In 68 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article