factograf
GL

espazo cuberto para gardar vehículos

Garaxe

Garaxe

Un garaxe ou unha cocheira é un espazo cuberto e pechado con chave para gardar vehículos. Nunha vivenda unifamiliar dunha poboación ou nunha zona residencial adóitase facer unha distribución da casa ou dos chalés de xeito que haxa un local para gardar os coches ou para almacenar outras cousas.

Os bloques de apartamentos acostuman ter un garaxe comunitario onde se pode mercar ou alugar unha praza de estacionamento nun andar do aparcadoiro.

Read next

In 65 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article