factograf
GL
Sign in

barrio de Barcelona

Gaixample

Gaixample

Key facts

instancia debarrio gai
paísEspaña
situado na unidade administrativaL'Antiga Esquerra de l'Eixample
All data from the card 1
Freebase
/m/02x3j83

O Gaixample (de "gai" e "Eixample") é o nome co que se coñece popularmente unha zona céntrica do barrio barcelonés do Eixample, onde, dende finais do século XX, proliferaron tendas, bares, discotecas e restaurantes de temática gai, mesmo un hotel. Ao mesmo tempo, aumentou significativamente o número de membros da comunidade homosexual da capital catalá que se asentaron en vivendas desta zona. É un dos puntos neurálxicos de atracción do turismo gai na cidade, especialmente pola noite.

O Gaixample ocupa aproximadamente o rectángulo delimitado polas rúas de Balmes, a Gran Via de les Corts Catalanes, Comte d'Urgell e Aragó. A rúa da Diputació, entre as rúas Aribau e Villarroel, é a que ten maior densidade de locais comerciais gais. Por toda esta zona proliferan bandeiras LGTB coas cores do arco da vella que identifican a loita pola liberación LGBT.

Read next

In 8 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article