factograf
GL
Sign in

economista de Italia

Franco Modigliani

Franco Modigliani
All data from the card 11
Nacemento
18 de xuño de 1918 Roma
Morte
25 de setembro de 2003 (85 anos)Cambridge
Residencia
Estados Unidos (1939–2003)
Educación
The New School New School for Social Research (pt)
Director de tese
Jacob Marschak e Abba P. Lerner (pt)
Campo de traballo
Economía
Lugar de traballo
Cambridge Pittsburgh
Ocupación
economista, profesor universitario
Empregador
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Escola de Administración e Dirección de Empresas Sloan Universidade Carnegie Mellon
Interesado en
Economía
Profesores
Jacob Marschak


Franco Modigliani, nado en Roma o 18 de xuño de 1918 e finado en Cambridge, Massachusetts o 25 de setembro de 2003, foi un economista italiano, naturalizado estadounidense. Foi galardoado co Premio Nobel de Economía en 1985.

Traxectoria

Modigliani naceu en Roma no seo dunha familia de orixe xudía. Deixou a capital italiana en 1939 a causa das leis raciais fascistas contra os hebreos. Refuxiouse nos Estados Unidos, onde colleu a súa cidadanía en 1946.

Teorías

Modigliani, xunto con Merton Miller, formulou o denominado Teorema de Modigliani-Miller sobre as finanzas empresariais, que explica que en determinadas condicións o valor dunha empresa permanece igual, ora che sexa financiada a través da captación de capitais no mercado accionario (emisión de accións), ora sexa financiada a través da adquisición de débeda (emisión de obrigacións). Porén os supostos do teorema fanno inverificábel desde o punto de vista empírico, mais con todo segue a ser un achado científico importante porque ten orixinado unha enorme literatura, aínda florecente, que busca explicar baixo que diversas condicións o resultado non é válido.

Modigliani foi tamén o creador da hipótese do ciclo vital, que explica como o aforro e o consumo mudan durante a vida dunha persoa. Os consumidores, segundo Modigliani, tende a efectuar as súas escollas de consumo non en base ao xuro corrente, senón en base ás súas expectativas de xuro e consumo total futuro. Por iso, os individuos tenden a aforrar nalgunhas fases da súa vida para logo gastar o diñeiro acumulado noutras fases, por exemplo durante a xubilación.

Ligazóns externas

  • Autobiografía (en inglés, na páxina oficial do Premio Nobel nobelprize.org)

In 56 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article