factograf
GL

Forcis

Forcis

Key facts

instancia dedeidade grega do mar, ctónico
cónxuxeCeto
descrito pola fonteDescrición de Grecia
All data from the card 2
VIAF
41159697555903310361
Freebase
/m/0knvc

Forcis (ou Forco) foi unha das divindades mariñas da segunda xeración divina, fillo de Xea (a Terra) e Ponto (o Mar, as Ondas). Outros fillos de Xea e Ponto foron Ceto (un monstro acuático), Nereo (o pai das Nereidas), Taumante (pai das Harpías) e Euribia. Como Nereo e Proteo, Forcis considérase un dos Vellos do Mar.

Casou coa súa irmá Ceto, e tiveron numerosos fillos, de carácter monstruoso: as Graias (ou Fórcides, personificación da vellez eterna), as Gorgonas, Equidna, as tres Hespérides e mais a serpe ou dragón que coidaba das mazás do Xardín das Hespérides (Ladón). Algunhas tradicións tamén os fan pais do monstro mariño Escila, e a Forcis coa musa Terpsícore, das sereas, que tradicionalmente se consideran fillas do deus-río Aqueloo.

"Ceto procreou con Forcis as Graias, de fermosas meixelas, canas desde o seu nacemento;... ás Gorgonas, que habitan ó outro lado do famoso Océano, no límite da noite, onda as Hespérides, de harmoniosa voz, Esteno, Euríala e a desventurada Medusa;... nunha cova procreou outro monstro extraordinario,... a divina Equidna, metade moza de fermosas meixelas e vivos ollos, metade terrible serpe monstruosa;... en unión amorosa con Forcis procreou por último unha terrible serpe que nos extremos confíns nunhas grutas de terra sombriza, vixía mazás completamente de ouro".
(Hesíodo: Teogonía 270-336)

Existe unha lenda romana, que recolle Varrón, segundo a cal Forcis sería un antigo rei de Córsega e Sardeña que morreu loitando contra Atlas. Botárono ó mar e foi posteriormente divinizado.

Iconografía

Forcis representábase como un home robusto, de longas barbas, rodeado de animais mariños. Tamén como un tritón, con cola de peixe e patas en forma de pinzas de cangrexo, e coa pel vermella e espigada. O seu atributo era un facho.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Elvira Barba, Miguel Ángel (2017). Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex. ISBN 9788477378464. (en castelán)
  • Graves, Robert (2019). Los mitos griegos. Gredos. ISBN 9788424999940. (en castelán)
  • Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
  • Hesíodo (2020). Teogonía. Traballos e días. Escudo. Vétera. Cangas do Morrazo: Rinoceronte. ISBN 978-84-17388-36-2.
  • Hesíodo (2013). Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen. Alianza Editorial. ISBN 9788420678825. (en castelán)
  • Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
  • Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)

Ligazóns externas

Read next

In 49 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article