A Final da Eurocopa de Fútbol Francia 2016 foi un partido de fútbol que se disputou o 10 de xullo de 2016 no Stade de France de Saint-Denis, na Illa de Francia, que determinou o campión de Europa de fútbol de 2016.
Sede
- Artigo principal: Stade de France.
A final da Eurocopa 2016 foi xogada no Stade de France de Saint-Denis, un subusrbio de París. O anuncio de que este estadio acolleríao evento foi realizado pola UEFA, xunto co calendario do torneo, o 25 de abril de 2014. A capital francesa xa acollera anteriormente dúas finais do torneo, a primeira en 1960 e a segunda en 1984, ambas disputada no Parc des Princes.
Inaugurado en 28 de xaneiro de 1998 cun encontro entre Francia e España, foi construído para o Mundial de Fútbol de 1998. Alén do fútbol, tamén foi deseñado para acoller diversos eventos deportivos como rugby, atletismo, probas automobilísticas, concertos e grandes espectáculos en xeral. A súa capacidade oscila entre 75.000 asentos (atletismo), 81.338 (fútbol e rugby) e 90.000 (concertos, espectáculos). Esta construción tivo por obxectivo dar a coñecer e desenvolver a zona de La Plaine - Saint-Denis, unha zona industrial en declive, con novos barrios residenciais e novas actividades terciarias. O Stade de France permitiu dar un rostro atractivo á dirección das empresas. Esta zona benefíciase das boas comunicacións do estadio: 2 estacións RER (liñas B e D), unha estación de metro e conexións de liñas de autobús co norte, o oeste e o centro de París. O equipo de arquitectos que o deseñaron está composto por Michel Macary, Aymeric Zublena, Michel Régembal e Claude Costantini (asociación das axencias SCAU e C. R. Architecture). O Xefe de Proxecto foi o arquitecto Norteamericano Tom Sheehan, cuxa labor neste proxecto tivo como recompensa a obtención da Medalla de Prata da Academia Francesa de Arquitectura. A xestión e mantemento do estadio corre a cargo da empresa Bouygues, GTM, unha filial de Vinci e STF.
Sendo conseiderado de Categoría 4 pola UEFA, o Stade de France e o sexto estadio máis grande de Europa e o máis grande desta edición da Eurocopa, con capacidade para 81.338.
Partido
| Portugal | 1 - 0 (Prórroga 0 - 0) |
Francia | 10 de xullo de 2016, 21:00 – Stade de France, Saint-Denis Asistencia: 75.868 Árbitro: Mark Clattenburg (Inglaterra) |
| Éder 109' | Informe |
||
PORTUGAL | ||||
| PO | 1 | Rui Patrício | 120+3' | |
| LD | 21 | Cédric | 34' | |
| DF | 3 | Pepe | ||
| DF | 4 | José Fonte | 119' | |
| LE | 5 | Raphaël Guerreiro | 95' | |
| MC | 14 | William Carvalho | 98' | |
| ED | 16 | Renato Sanches | 79' | |
| MP | 23 | Adrien Silva | 66' | |
| EE | 10 | João Mário | 62' | |
| DC | 17 | Nani | ||
| DC | 7 | Cristiano Ronaldo (c) | 25' | |
| Substitucións: | ||||
| DC | 20 | Ricardo Quaresma | 25' | |
| MC | 8 | João Moutinho | 66' | |
| DC | 9 | Éder | 79' | |
| Adestrador: | ||||
| Fernando Santos | ||||
FRANCIA | ||||
| PO | 1 | Hugo Lloris (c) | ||
| LD | 19 | Bacary Sagna | ||
| DF | 21 | Laurent Koscielny | 107' | |
| DF | 22 | Samuel Umtiti | 80' | |
| LE | 3 | Patrice Evra | ||
| MD | 18 | Moussa Sissoko | 110' | |
| MC | 15 | Paul Pogba | 115' | |
| MC | 14 | Blaise Matuidi | 97' | |
| ME | 8 | Dimitri Payet | 58' | |
| SD | 7 | Antoine Griezmann | ||
| DC | 9 | Olivier Giroud | 78' | |
| Substitucións: | ||||
| MC | 20 | Kingsley Coman | 58' | |
| DC | 10 | André-Pierre Gignac | 78' | |
| DC | 11 | Anthony Martial | 110' | |
| Adestrador: | ||||
| Didier Deschamps | ||||
Xogador do partido:
Pepe
Árbitros asistentes:
Simon Beck (Inglaterra)
Jake Collin (Inglaterra)
Cuarto árbitro:
Viktor Kassai (Hungría)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio web oficial da UEFA Euro
