factograf
GL

Eurico

Eurico

Key facts

data de nacemento420
data de falecemento28 de decembro de 484
ocupaciónmonarca
lugar de falecementoArles
cargo ocupadorei dos visigodos
descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
All data from the card 10
Nacemento
(got) Aiwareiks 420
Morte
28 de decembro de 484 (63/64 anos)Arles
Ocupación
monarca
Título
Rei dos visigodos
Familia
Baltingos
Cónxuxe
Ragnagild
Fillos
Alarico II
Pai
Teodorico I, rei visigodo
Irmáns
Teodorico II, rei visigodoTurismundoRicímeroFredericoHimneridomuller de Requiario
Descrito pola fonte
Paulys Realenzyklopädie der klassischen AltertumswissenschaftAllgemeine Deutsche BiographieMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
A imaxe que se ve aquí deste rei forma parte dunha serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI. Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os…
A imaxe que se ve aquí deste rei forma parte dunha serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI. Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os…

Eurico, nado cara a 420 e finado no 484, foi rei dos visigodos.

Traxectoria

Accedeu ao trono logo de asasinar o seu irmán Teodorico II no ano 466. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos. O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476. Os visigodos asinaran un foedus con Roma no 418, en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das Galias. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.

Apoderouse de diversos territorios das Galias e Hispania. Guerreou nas Galias contra os francos e saxóns. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de Europa. A súa corte residía en Tolosa, aínda que nominalmente en Arles. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como capital do reino. A historiografía española menciónao como Reino de Tolosa e abarcaba unha grande extensión da Península Ibérica (salvo a rexión de Galiza, controlada polos Suevos), e gran parte da Galia ao oeste do Rhin e ao sur do Loira.

Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico. Tamén foi un fanático ariano.

Véxase tamén

Read next

In 43 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article