Estelle Harris, nada en Nova York, estado de Nova York, o 4 de abril de 1928 e finada en Palm Desert, California o 2 de abril de 2022, foi unha actriz estadounidense. Foi máis coñecida polo seu papel de Estelle Costanza na serie de televisión Seinfeld, ser a voz de Mrs. Potato Head na franquía cinematográfica Toy Story, Muriel en The Suite Life of Zack & Cody e Mama Gunda en Tarzan II.
Traxectoria
Harris naceu como Estelle Nussbaum en Manhattan, Nova York o 4 de abril de 1928, sendo a máis nova das dúas fillas de Isaac ("Ira") e Anna Nussbaum, inmigrantes polacos xudeus que posuían unha tenda de doces. Harris mudouse a Tarentum, Pennsylvania cando tiña sete anos para vivir preto dos seus tíos, os cales lle pediron o seu pai traballar na tenda de doces. Gradouse no Instituto de Educació de Tarentum.
