factograf
GL
Sign in

Espermateca

Espermateca
All data from the card 2
Freebase
/m/06m4_g
OpenAlex
C141882274

A espermateca é un órgano do aparato reprodutor das femias de certos insectos, moluscos e algúns outros invertebrados, no que estas almacenan o esperma dos machos tras a cópula.

Etimoloxía

O termo está formado polos elementos esperma- e -teca, ambos os dous derivados das voces do grego antigo σπέρμα, σπέρματος spérma, spérmatos "semite", "seme", e θήκη thḗkē "caixa", "depósito".

Este neoloxismo emprgouse por primeira vez na linguaxe científica en 1826 no inglés.

Función

O propósito da espermateca é o de recibir e almacenar a esperma do macho e, xelamente, é alí onde ten lugar a fecundación, é dicir, a unión do gameto feminino con masculino, cando o óvulo está maduro.

A espermateca está recuberta de epitelio e ten forma variábel; algunhas son tubos finos e enroscados, outras son evaxinacións do aparato reprodutor.

Algunhas especies teñen máis de unha espermateca.

Cómpre non confundir este termo con espermatóforo, estrutura que contén espermatozoides, que é precisamente a que os machos introducen na espermateca das feminias durante a cópula.

Véxase tamén

Outros artigos


Read next

In 15 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article