factograf
GL
Sign in

política galesa

Eluned Morgan

Eluned Morgan

Key facts

data de nacemento16 de febreiro de 1967
ocupaciónpolítico
cargo ocupadomembro da Cámara dos Lords
membro do partido políticoPartido Laborista
All data from the card 7
Nacemento
16 de febreiro de 1967 (59 anos)Ely
Educación
Universidade de Hull (pt) UWC Atlantic College Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf
Lugar de traballo
Estrasburgo Bruxelas Londres
Ocupación
política
Partido político
Partido Laborista Partido Laborista Galés
Pai
Bob Morgan
Sitio web
elunedmorgan.co.uk

Mair Eluned Morgan, Baronesa Morgan of Ely, nada en Cardiff o 16 de febreiro de 1967, é unha política laborista galesa, membro da Asemblea Nacional de Gales e Ministra do Goberno de Gales para a lingua galesa e a educación permanente.

Traxectoria

Educada no Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf, graduouse en Estudos Europeos na Universidade de Hull.

En 1990 traballou como stagiaire no Parlamento Europeo para o Grupo Socialista. En 1994 foi elixida deputada no Parlamento Europeo, e reelixida en 1999 e 2005.

O 19 de novembro de 2010 foi nomeada par vitalicio, escollida para a Cámara dos lords. O 27 de xaneiro de 2011 foi nomeada Baroness Morgan de Ely, pola súa vila de nacemento, Ely, en Cardiff.

En 2015 foi escollida candidata para as eleccións á Asemblea Nacional de 2016 pola lista rexional de Gales Central e Oeste. Nas eleccións do 5 de maio de 2016 foi escollida membro da Asemblea Nacional, e en novembro de 2017 foi proclamada Ministra para a linguag galesa e a educación permanente.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina como membro da Asemblea Nacional de Gales Arquivado 26 de outubro de 2018 en Wayback Machine.

Read next

In 22 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article