Edinburgh Rugby (anteriormente Edinburgh Reivers e Edinburgh Gunners) é un dos dous equipos profesionais de rugby de Escocia. O club compite no Pro14 xunto cos Glasgow Warriors, o seu máis antrigo rival. O Edinburgh xoga a maioría dos seus partidos como local no Murrayfield Stadium, estadio con capacidade para 67.144 espectadores e que tamén alberga os encontros da selección escocesa. O equipo ten as súas orixes no encontro disputado en 1972 entre os xogadores dos Distritos de Edimburgo e Glasgow, con vitoria para os primeiros por 3−0. O equipo afeccionado do distrito converteurse ao profesionalismo en 1996 para participar na Heineken Cup, torneo no que conseguiron chegar ás semifinais na temporada 2011−12. Por outra banda, o Edinburgh foi o primeiro equipo escocés de rugby en xogar unha final europea. Foi na temporada 2014−15, onde perderon a final da Challenge Cup contra o Gloucester (13–19).
Elenco
Os seguintes son os xogadores do Edinburgh para o Pro14 de 2019−20.
Destacados
Xogadores
Antigos xogadores que xogaron no Edinburgh Rugby e teñen máis de 20 partidos no seu respectivo país.
- Mike Blair
- Todd Blackadder
- Geoff Cross
- Nick De Luca
- Rob Dewey
- Alasdair Dickinson
- Marcus Di Rollo
- Ross Ford
- Phil Godman
- Ryan Grant
- Dougie Hall
- Jim Hamilton
- Dave Hewett
- Nathan Hines
- Duncan Hodge
- Ally Hogg
- Allan Jacobsen
- Alastair Kellock
- Greig Laidlaw
- Brendan Laney
- Rory Lawson
- Ander Monro
- Scott Murray
- Chris Paterson
- Mike Pyke
- Craig Smith
- Hugo Southwell
- Alasdair Strokosch
- Netani Talei
- Simon Taylor
- Tim Visser
- Simon Webster
Adestradores
- Iain Rankin (1996–2000)
- Bob Easson (2000)
- Frank Hadden (2000–2005)
- Todd Blackadder (2005–2006)
- Lynn Howells (2006–2007)
- Henry Edwards (2007, interino)
- Andy Robinson (2007–2009)
- Rob Moffat (2009–2011)
- Nick Scrivener (2011, interino)
- Michael Bradley (2011–2013)
- Stevie Scott (2013, interino)
- Alan Solomons (2013–2016)
- Duncan Hodge (2016–2017, interino)
- Richard Cockerill (2017–)
