factograf
GL
Sign in

Satélite artificial científico xaponés.

EXOS D

Key facts

altura100cm
instancia desatélite de investigación
masa294 kg
All data from the card 1
Freebase
/m/0262sm2

EXOS D (Exospheric Satellite D), tamén denominado Akebono, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1989 mediante un foguete M-3S-2 desde o Centro Espacial de Kagoshima.

Características

A misión de EXOS D foi estudar as rexións de aceleración por encima das zonas aurorais para mellorar a comprensión do mecanismo de aceleración e a súa relación coas subtormentas. O satélite estabilizábase por rotación, a 7,5 r.p.m. O control de actitude era levado a cabo magneticamente, co eixo da nave apuntando ó Sol. O ordenador de a bordo permitía automatizar a secuencia de toma de datos para unha semana completa. Tiña forma de cilindro octogonal cunhas medidas de 100 cm de alto e 126 cm de longo entre caras, cun par de antenas de 30 m de longo e dous mastros de 5 e 3 m. O centro de control e recepción de telemetría do satélite estaba en Kagoshima, con estacións secundarias en Syowa (Antártida) e Príncipe Alberto (Canadá).

Instrumentos

EXOS D levaba a bordo os seguintes instrumentos:

Véxase tamén

Read next

In 8 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article