factograf
GL

Durián

Durián

Key facts

altura25m
instancia detaxon
nome do taxonDurio zibethinus
categoría taxonómicaespecie
All data from the card 7
Freebase
/m/0s96c4_
UNII
S18I9G8Y6K
ITIS
506099
OTT
236622
CoL
383W8
EOL
483665
WFO
wfo-0000658098

O durián (Durio zibethinus) é unha especie de árbore tropical asiática pertencente á familia Malvaceae, orixinaria do sueste de Asia. Dá un froito comestíbel.

En Galicia non é aínda común o consumo.

Etimoloxía

Froita amplamente coñecida e reverenciada no sueste de Asia e chamada "Rei das froitas", o seu nome provén da verba malaia duri (espiña) co sufixo an, (usado para crear pronomes), e dando coma resultado "froita espiñenta".

Descrición

É unha árbore duns 25 m de alto, orixinaria do sueste de Asia pertencente á familia Malvaceae, unha enorme familia que inclúe o hibisco, o quiabo ou o cotón. O seu froito, especialmente apreciado polos nativos, é de varias formas, de cadrada a arredondada, dependendo da especie, con até 40 cm de circunferencia. e entre 2 ou 3 kg de peso; ten unha codia de espiñas de cor verde ou café, a casca é entre pálida a vermella, sempre dependendo especie. Ten un gusto intenso e agradábel, unha textura cremosa (como o aguacate) e un cheiro moi forte, que pode desgustar a algunhas persoas. As sementes son comestíbeis unha vez asadas, esmagadas serven para preparar tortas.

As árbores de durián son relativamente altas, entre 25 e 50 metros de altura, dependendo da especie. As follas son perennes, opostas, elípticas e cadradas, de 10 a 18 centímetros de longo. As flores reprodúcense en grupos de 3 a 30, en pólas longas e no toro; cada flor ten un cáliz e 5 (raramente 4 ou 6) pétalos.

As árbores teñen unha ou dúas floración se frutificacións por ano, aínda que o tempo varía dependendo da especie, cultivo e localidade. Unha árbore de durián típica pode soster os froitos de 4 a 5 anos. O froito que pendura de cada póla, madura arredor dos tres meses despois da polinización.

Especies

Unha planta de Durio zibethinus, de oito meses de idade.
Unha planta de Durio zibethinus, de oito meses de idade.

Hai arredor de 30 especies recoñecidas de árbores durián, todas nativas do sueste de Asia e polo menos 9 producen froitos comestíbeis. coma: D. zibethinus, D. dulcis, D. grandiflorus, D. graveolens, D. kutejensis, D. lowianus, D. macrantha, D. oxleyanus e D. testudinarum. Porén, hai moitas especies aínda non estudadas debidamente.

O Durio zibethinus é a única especie dispoñíbel no mercado internacional, as outras son vendidas localmente.

Usos

Froitos de durián prontos para consumir.
Froitos de durián prontos para consumir.

É unha especie altamente coñecida polo valor alimentario dos seus froitos. Estes caracterízanse por presentar un mal cheiro (un fedor semellante a unha cebola podre), incluso en moitos hoteis de Malaisia teñen prohibido o seu consumo nos cuartos, dado que o fedor fica no cuarto máis de tres horas. A polpa é dunha cremosidade exquisita polo que é coñecido coma o mellor froito do mundo (Pérez, 1996).

Bärtels (2002), comenta que a polpa de tan exquisito froito contén proteínas, graxas e azucres. Consómese cru, aínda que forma parte de diversos pratos en estado verde, semi maduro e fermentado. En Asia é considerado afrodisíaco. As súas raíces, cascas e follas empréganse en menciñas populares. As sementes frítense ou tórranse en aceite. Emprégase tamén na elaboración de xeados.

É moi comercializado en Tailandia, Indonesia e Malaisia.

Read next

In 38 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article