Os Durham Bulls son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Durham, Carolina do Norte. O club, de clase Triple-A, compite na Northeast Division da International League. Fundado en 1902, anteriormente formou parte de diferentes competicións como a North Carolina League (1902), a North Carolina State League (1913–1917), a Piedmont League (1920–1933, 1936–1943) e a Carolina League (1945–1971, 1980–1997). Desde 1998, a franquía está afiliada aos Tampa Bay Rays da Major League Baseball. O equipo xoga os seus xogos como local no Durham Bulls Athletic Park, un estadio con capacidade para 10.000 espectadores inaugurado o 6 de abril de 1995. O equipo é coñecio pola súa aparición no filme Os búfalos de Durham, nomeado ao mellor guión orixinal na 61ª edición dos Óscar e protagonizado por Kevin Costner, Tim Robbins e Susan Sarandon.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web oficial Arquivado 12 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
