factograf
GL
Sign in

Diplodoco

Diplodoco

Key facts

instancia detaxon fósil
masa113 t
nome do taxonDiplodocus
categoría taxonómicaxénero
descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
All data from the card 3
Freebase
/m/029ng
OTT
4946869
EOL
47459352
Cranio de diplodoco.
Cranio de diplodoco.

Diplodoco é o nome co que se coñecen as especies pertencentes ao xénero Diplodocus, dinosauros da familia dos diplodócidos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente de 150 a 147 millóns de anos no que hoxe é Norteamérica.

Características

Eran uns dinosauros enormes, que se contan entre os maiores animais terrestres que existiron na Terra, pois medían entre 27 e 45 m e chegaban a pesar entre 30 e 50 t, aínda que saurópodos posteriores do Cretáceo, como o Argentinosaurus, os superaban, sobre todo no peso.

Os fósiles de Diplodocus encontráronse no oeste dos Estados Unidos de América (Colorado, Montana, Utah e Wyoming).

Os primeiros restos foron descubertos en 1877 por Samuel Wendell Williston, que os denominou Diplodocus ("os de dupla viga") en referencia á forma das vértebras da parte inferior da cola. Pensouse que estes ósos eran exclusivos dos Diplodocus, porén, acháronse tamén noutros membros da familia dos diplodócidos e en sauropódos non diplodócidos, como Mamenchisaurus.

Tiñan un pescozo e un rabo moi longos, cun corpo baixo, e camiñaba sobre as catro patas. A pesar do seu gran tamaño, tiñan unha cabeza moi pequena, con dentes así mesmo moi pequenos.

É probábel que pastaran nas grandes chairas de felgos e cicadáceas da súa época, chegando a consumir tamén as árbores de baixa altura, xa que non podía subir moito o seu pescozo.

Especies

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 75 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article