dig (Domain Information Groper) é un comando utilizado na xestión de redes para facer peticións a servidores DNS. Úsase nos sistemas operativos con núcleo Linux, aínda que tamén é posíbel executalo nos sistemas Windows. A sintaxe máis utilizada (pódense engadir ou quitar parámetros) é:
dig @IP dominio tipo
onde @IP é a IP do servidor DNS ao que se lle fai a consulta, dominio é o dominio sobre o que se solicita a información e tipo é o tipo de consulta. Por exemplo, se solicitamos información sobre «gl.wikipedia.org» obtemos:
$ dig gl.wikipedia.org ; <<>> DiG 9.3.2 <<>> gl.wikipedia.org ;; global options: printcmd ;; Got answer: ;; ->>HEADER<<- opcode: QUERY, status: NOERROR, id: 56546 ;; flags: qr rd ra; QUERY: 1, ANSWER: 3, AUTHORITY: 0, ADDITIONAL: 0 ;; QUESTION SECTION: ;gl.wikipedia.org. IN A ;; ANSWER SECTION: gl.wikipedia.org. 1288 IN CNAME rr.wikimedia.org. rr.wikimedia.org. 593 IN CNAME rr.knams.wikimedia.org. rr.knams.wikimedia.org. 3593 IN A 145.97.39.155 ;; Query time: 55 msec ;; SERVER: 212.185.252.73#53(212.185.252.73) ;; WHEN: Wed Mar 14 17:09:47 2007 ;; MSG SIZE rcvd: 100
