factograf
GL

Darren Aronofsky

Darren Aronofsky

Key facts

data de nacemento12 de febreiro de 1969
educado enUniversidade Harvard
ocupaciónprodutor de cinema, director de cinema, guionista
lugar de nacementoBrooklyn
obra salientableRequiem for a Dream
All data from the card 9
Nacemento
12 de febreiro de 1969 (57 anos)Brooklyn
Relixión
Xudaísmo
Educación
Universidade Harvard AFI Conservatory (en) Edward R. Murrow High School (en)
Ocupación
produtor de cinema, guionista, director de cinema, realizador
Período de actividade
1996 -
Parella
Aglaya Tarasova (2018–2022)Jennifer Lawrence (2016–2017)Rachel Weisz (2001–2010)
Fillos
Henry Aronofsky () Rachel Weisz
Pai
Abraham Aronofsky
Sitio web
darrenaronofsky.com

Darren Aronofsky, nado o 12 de febreiro de 1969 en Brooklyn, Nova York, é un director, guionista e produtor de cine estadounidense.

Os seus filmes xeran a miúdo controversia polo seu contido violento e polémico.

Traxectoria

Aronofsky asistiu á Universidade de Harvard, onde estudou cinema e antropoloxía social, e máis tarde ao American Film Institute, onde cursou dirección de cine. Gañou diversos premios ao completar a súa tese de cine, Supermarket Sweep, sendo finalista no National Student Academy Award.

A primeira longametraxe de Aronofsky, o suspense psicolóxico Pi, foi gravado en novembro de 1997. Tivo un orzamento mínimo, de 60.000 $. A fita logrou un grande éxito de crítica e público, e obtivo varios galardóns, entre os cales destaca o do Festival de Sundance, que recoñeceu a Aronofsky como mellor director en 1998.

A seguinte película, o drama Requiem for a Dream (baseada na novela homónima, de Hubert Shelby Jr.), trata o tempestuoso mundo das adiccións. Ellen Burstyn foi nomeada pola Academia de Cine debido á súa interpretación.

En 2006 estrea a que será a súa terceira longametraxe, The Fountain, un drama de ciencia ficción.

O cuarto filme, The Wrestler, que recibiu dous nomeamentos da Academia polas interpretacións de Mickey Rourke e Marisa Tomei.

En 2010 traballa como produtor executivo para The Fighter, e estrea Black Swan, aclamada pola crítica. Esta última película gaña os nomeamentos da Academia de Mellor Película, Mellor Director, e o premio á mellor interpretación feminina para Natalie Portman, así como outros nomeamentos aos Globos de Ouro, e o Directors Guild of America Award.

O seu sexto filme, Noah, de inspiración bíblica, foi estreado nos cines o 28 de marzo de 2014, recibindo malas apreciacións.

Filmografía

Filmes

Ano Filme Director Produtor Guionista
1998 Pi Si Si
2000 Requiem for a Dream Si Si
2002 Below Si Si
2006 The Fountain Si Si
2008 The Wrestler Si Si
2010 Black Swan Si Si
2010 The Fighter Si
2014 Noah Si Si Si

Curtas

Ano Filme Director Produtor Guionista
1991 Supermarket Sweep Si Si
1991 Fortune Cookie Si Si
1993 Protozoa Si Si
1994 No Time Si

Galardóns

Ano Premio Categoría Filme Resultado
1999 Festival de Cinema de Sundance Mellor Director Pi Gañador
Gran Premio do Xurado Nomeado
Independent Spirit Awards Mellor Primeiro Guión Gañador
Mellor Primeiro Filme Nomeado
2001 Mellor Filme Requiem for a Dream Nomeado
Mellor Director Nomeado
2006 Venice Film Festival Golden Lion The Fountain Nomeado
2008 Golden Lion The Wrestler Gañador
2009 Independent Spirit Award Mellor Filme Gañador
London Critics Circle Film Awards Mellor Filme Gañador
Mellor Director Gañador
National Board of Review Mellor Filme Nomeado
2010 Venice Film Festival Golden Lion Black Swan Nomeado
Critics' Choice Awards Mellor Director Nomeado
Independent Spirit Awards Mellor Director Gañador
Mellor Filme Gañador
Gotham Awards Mellor Filme Nomeado
Chicago Film Critics Association Mellor Director Nomeado
San Francisco Film Critics Circle Awards Mellor Director Gañador
Satellite Award Mellor Director Nomeado
Toronto Film Critics Association Mellor Director Nomeado
Vancouver Film Critics Circle Mellor Director Nomeado
Washington, D.C. Area Film Critics Association Mellor Director Nomeado
2011 British Academy of Film and Television Arts Mellor Dirección Nomeado
Golden Globe Award Mellor Director Nomeado
Directors Guild of America Dirección Excepcional – Filme Nomeado
Academy Awards Mellor Director Nomeado
Scream Awards Mellor Director Gañador

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Official website
  • Darren Aronofsky at the Internet Movie Database
  • Laine, Tarja (2015) Bodies in Pain: Emotion and the Cinema of Darren Aronofsky, Berghahn Books.

Read next

In 55 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article