factograf
GL
Sign in

Revolucionario sandinista e presidente de Nicaragua desde 1985 ata 1990 e de novo desde 2007, copresidente con Rosario Murillo desde 2025

Daniel Ortega

Daniel Ortega

Key facts

data de nacemento11 de novembro de 1945
educado enUniversidade Centroamericana
ocupaciónpolítico, escritor, revolucionario
cónxuxeRosario Murillo
cargo ocupadoPresidente de Nicaragua
membro do partido políticoFronte Sandinista de Liberación Nacional
distinciónOrde da Amizade
All data from the card 12
Nacemento
11 de novembro de 1945 (80 anos)La Libertad
Residencia
Managua
Relixión
Católico non practicante
Educación
Universidade Centroamericana (1962–1963)
Ocupación
político, escritor, revolucionario
Período de actividade
1963 -
Partido político
Fronte Sandinista de Liberación Nacional (1963–)
Participou no conflito
Revolución Sandinista
Cónxuxe
Rosario Murillo (1978–)
Fillos
Camila Ortega Murillo, Zoilamérica Ortega Murillo, adopted stepdaughter, Juan Carlos Ortega Murillo
Irmáns
Camilo OrtegaHumberto Ortega
Condenado por
roubo de banco (pt) (1967)

José Daniel Ortega Saavedra, nado en La Libertad (Chontales) o 11 de novembro de 1945, é un ex-guerrilleiro e político nicaraguano, copresidente do seu país. Ortega foi comparado con Somoza e sinalado como autoritario tanto por medios de comunicación como políticos e activistas.

Traxectoria

Daniel Ortega foi un dos comandantes da guerrilla do Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), organización que combateu a ditadura de Anastasio Somoza Debayle até que o 19 de xullo de 1979 conseguiu derrotala militarmente (Revolución Sandinista) instaurando un goberno de unidade nacional que tomou o nome de Xunta de Reconstrución Nacional (goberno do que forma parte Daniel Ortega) no que, ademais dos sandinistas, estaban representadas as principais formacións contrarias á ditadura.

Desfeito o goberno de unidade por diferenzas internas, Ortega foi escollido presidente do país en 1984. O seu goberno, de orientación claramente progresista, conseguiu mellorar a calidade de vida da poboación pero tivo que facer fronte á oposición armada das forzas contrarevolucionarias de dereitas, contras, instruídas pola CIA e financiadas polo Goberno dos Estados Unidos.

Nas eleccións presidenciais de 1990 Ortega foi derrotado por unha escasa marxe de votos, debido a unha alianza de 14 partidos políticos antisandinistas liderados por Violeta Chamorro. Dezasete anos despois, nas eleccións do 5 de novembro de 2006, Daniel Ortega foi novamente escollido presidente.

En 2018 tiveron lugar protestas cívicas que deron lugar a unha crise política e que foron duramente reprimidas polo goberno de Ortega. Houbo posteriores protestas para pedir a liberación de "presos políticos" e pedindo "eleccións xustas e transparentes" contra o goberno, que rematou sen negociar e continuo con Ortega no poder.

Nas eleccións de novembro de 2021 Daniel Ortega foi reelixido para un cuarto mandato de cinco anos co 75 % dos votos, segundo os primeiros resultados oficiais parciais publicados polo Consello Supremo Electoral. Durante esta campaña leváronse a cabo detencións de opositores e a anulación da personalidade xurídica de algúns partidos, imposibilitando a súa participación. Ademais, a oposición tomou a decisión de non participar nos comicios. Varios países europeos e latinoamericanos, así como Canadá e Estados Unidos, criticaron as eleccións considerándoas "fraudulentas".

As protestas de abril de 2018 propiciaron unha crise política coa emigración de máis de 30.000 nicaraguanos a Costa Rica, arrestos a opositores de medios e ONG, así como persecución á comunidade católica e a ilegalización de máis de 5.000 organizacións da sociedade civil, segundo datos de Human Rights Watch, Amnistía Internacional e a Asociación Centroamericana para o Desenvolvemento e a Democracia.

En 2024 un xuíz arxentino ordenou a súa captura internacional, e tamén da súa esposa e copresidenta, Rosario Murillo, así como a unha ducia de colaboradores pola "violación sistemática de dereitos humanos en Nicaragua".

Read next

In 87 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article