factograf
GL
Sign in

baloncestista estadounidense

Cuttino Mobley

Cuttino Mobley

Key facts

data de nacemento1 de setembro de 1975
altura193cm
educado enUnited States Army War College
ocupaciónbaloncestista
lugar de nacementoFiladelfia
masa98 kg
All data from the card 11
Nacemento
1 de setembro de 1975 (51 anos)Filadelfia
Educación
United States Army War College Maine Central Institute (en) Universidade de Rhode Island Cardinal Dougherty High School (en)
Altura
193 cm
Peso
98 kg
Ocupación
baloncestista
Período de actividade
1998 - 2008
Nacionalidade deportiva
Estados Unidos
Deporte
baloncesto
Liga
Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogo
Escolta
Convocado por
Houston Rockets, 41º (1998)

Cuttino Rashawn Mobley, nado o 1 de setembro de 1975 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que militou na National Basketball Association dende 1998 até 2008. Con 1,93 metros de altura xogaba na posición de escolta.

Carreira

Universidade

Mobley asistiu á escola Incarnation of Our Lord na sección de Olney en Filadelfia. Tras graduarse, acudiu ao Instituto Cardinal Dougherty e a Maine Central Institute. Tras deixar o instituto, foi á Universidade de Rhode Island onde liderou aos Rams a aparecer no torneo da NCAA en 1998, chegando até a Elite Eight (final rexional).

NBA

Foi seleccionado por Houston Rockets no pusto 41 da segunda rolda do Draft da NBA de 1998, xogando no conxunto texano durante seis anos antes de ser traspasado xunto con Steve Francis e Kelvin Cato a Orlando Magic a cambio de Tracy McGrady en 2004. Tras xogar 23 partidos cos Magic, foi enviado a Sacramento Kings por Doug Christie. Na tempada 2004-05, finalizou terceiro na clasificación de porcentaxe de tiros de tres.

En xullo de 2005, asinou un contrato de cinco anos e 42 millóns de dólares con Los Angeles Clippers. Mobley, xunto con Sam Cassell e Elton Brand, liderou o camiño cara a playoffs aos Clippers na tempada 2005-06, promediando 14.8 puntos e 4.3 rebotes na súa primeira campaña no equipo. O 21 de novembro de 2008 foi traspasado a New York Knicks xunto con Tim Thomas a cambio de Zach Randolph e Mardy Collins.

O 10 de decembro de 2008 anunciou a súa retirada aos 33 anos de idade por mor de problemas cardíacos detectados trala súa fichaxe polos Knicks, onde non puido debutar. Nas súas dez tempadas como profesional fixo unha media 16 puntos e 2,7 asistencias por partido.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Read next

In 16 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article