factograf
GL

país da África occidental

Costa do Marfil

Costa do Marfil

Key facts

poboación31.165.654
superficie322.463km²
instancia deestado soberano, república, país
paísCosta do Marfil
capitalYamoussoukro
data de creación ou fundación1960
xefe de estadoAlassane Ouattara
xefe do gobernoRobert Beugré Mambé
continenteÁfrica
fuso horarioUTC±00:00
All data from the card 7
OpenStreetMap
192779
VIAF
144973547
ISNI
0000000123317877
TasteAtlas
ivory-coast
Freebase
/m/0fv4v
MeSH
D007560
OpenAlex
C3017884845

Costa do Marfil (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI),  escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.

Historia

Pouco se coñece da historia da Costa do Marfil antes da chegada dos portugueses na década de 1460. Os principais pobos da rexión eran os kru, orixinarios de Liberia e os senoufo e os lobi, orixinarios de Burkina Faso e Malí. Nos séculos XVIII e XIX ocorreu unha migración de pobos de etnia Akan, que migraron de Ghana, e os Malinké, da actual Guinea.

Francia interesouse pola rexión na década de 1840, e estableceu contactos con xefes locais para ter o monopolio de comercio na área. Costa do Marfil foi colonia francesa ata o 1960 en que obtivo a independencia.

Entre 2002 e 2004 o país viviu unha Guerra civil: O norte rebelouse. 10 000 cascos azuis da ONUCN (Forza de Paz da ONU na Costa do Marfil), entre eles 4 600 soldados franceses, foron situados entre os belixerantes. A ONU interveu impoñendo sancións ao país por medio da Resolución 1761 do Consello de Seguridade.

O seu presidente-fundador foi Félix Houpbouët-Boigny ata 1993. Os seus sucesores foron, por orde:

  • Henri Konan Bédié, que caeu do poder baixo un golpe de estado no Nadal do 1999.
  • Robert Guéï, que foi asasinado logo dun golpe encabezado polo Movemento Patriótico da Costa do Marfil en 2002.
  • Laurent Gbagbo

Organización político-administrativa

Xeografía

Imaxe satelital de Costa do Marfil, xerada desde un gráfico rasterizado provisto por The Map Library.
Imaxe satelital de Costa do Marfil, xerada desde un gráfico rasterizado provisto por The Map Library.
Mapa de Costa do Marfil
Mapa de Costa do Marfil
2 images
Artigo principal: Xeografía de Costa do Marfil.

Costa do Marfil ofrece unha gama variada de paisaxes, desde a sabana desértica ao norte ata a selva virxe. O límite sur márcano extensas praias. Esta zona, máis chuviosa, caracterízase polas grandes plantacións de produtos de exportación: café, cacao e banana. No norte a paisaxe vese conformada por unha meseta granítica recuberta de sabanas. Nesta área pequenos propietarios cultivan sorgo, millo e maní.

Economía

Artigo principal: Economía de Costa do Marfil.

Mantendo lazos próximos con Francia desde a independencia en 1960, a diversificación da agricultura para a exportación, e o estímulo dos investimentos estranxeiros, fixo de Costa do Marfil un dos países tropicais africanos máis prósperos. No entanto, en anos recentes Costa do Marfil viuse suxeita a máis competencia e o descenso dos prezos no mercado global dos seus cultivos agrícolas principais: café e cacao. Isto, xunto cunha alta corrupción interna, fai a vida difícil para os agricultores e os que exportan a mercados estranxeiros.

Demografía

Cantidade de poboaciónAno05.000.00010.000.00015.000.00020.000.00025.000.00030.000.00035.000.000197019801990200020102020Costa do MarfilEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

No ano 2007, Costa do Marfil tiña unha poboación de 18 000 000 de habitantes. A esperanza de vida era de 49 anos. A media de fillos por muller era de 4.43. O 50.9% da poboación estaba alfabetizada. Calcúlase que o 7.0% da poboación estaba infectada co virus VIH (SIDA). Desde que se estabeleceu como unha das nacións mais prósperas economicamente de África occidental, cerca do 20% da súa poboación consiste en traballadores das veciñas Liberia, Burkina Faso e Guinea. Este feito ten orixinado permanentemente unha tensión crecente en anos recentes, principalmente debido ao feito de que gran parte destes traballadores son musulmáns, mentres que a poboación natural da Costa do Marfil é, esencialmente cristián (principalmente católica romana) e animista. A principal etnia é o pobo Baulé, con presenza na maior parte das zonas centrais.

O 4% da poboación é de orixe non africana. Hai moitos cidadáns franceses, británicos, e españois. Hai aínda unha minoría de misioneiros protestantes norteamericanos e canadenses.

Ultimamente, cerca de 50.000 franceses e outros europeos saíron da Costa do Marfil debido a fortes tensións políticas.

Read next

In 262 languages

glаԥсшәаAcèhадыгабзэAfrikaansAlemannischአማርኛPangcaharagonésÆngliscOboloअंगिकाالعربيةالدارجةمصرىasturianuKotavaअवधीazərbaycancaتۆرکجهбашҡортсаBasa BaliBoarischžemaitėškaBikol Centralбеларуская (тарашкевіца)беларускаяBetawiбългарскиभोजपुरीBislamaBanjarbamanankanবাংলাབོད་ཡིགবিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরীbrezhonegbosanskiбуряадcatalàChavacano de Zamboanga閩東語 / Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄нохчийнCebuanoᏣᎳᎩکوردیcorsuqırımtatarcačeštinakaszëbscziчӑвашлаCymraegdanskdagbanliDeutschZazakidolnoserbskiडोटेलीދިވެހިބަސްཇོང་ཁeʋegbeΕλληνικάEnglishEsperantoespañoleestieuskaraestremeñuفارسیFulfuldesuomivõroføroysktfɔ̀ngbèfrançaisarpetanNordfriiskFryskGaeilgeGagauzkriyòl gwiyannenGàidhligگیلکیAvañe'ẽGhanaian PidginfarefareGaelgHausa客家語 / Hak-kâ-ngîעבריתहिन्दीFiji HindihrvatskihornjoserbsceKreyòl ayisyenmagyarհայերենԱրեւմտահայերէնinterlinguaBahasa IndonesiaInterlingueIgboIlokanoIdoíslenskamedžuslovjanskyitaliano日本語PatoisJawaქართულიQaraqalpaqshaTaqbaylitKarai-karaiKabɩyɛTyapKongoKumoringGĩkũyũқазақшаಕನ್ನಡYerwa Kanuri한국어къарачай-малкъарکٲشُرkurdîkernowekкыргызчаLatinaLadinoLëtzebuergeschLingua Franca NovaLugandaLimburgsLigureLadinlombardlingálaລາວlietuviųlatviešuमैथिलीмокшеньMalagasyMāoriMinangkabauмакедонскиമലയാളംмонголꯃꯤꯇꯩ ꯂꯣꯟmooreमराठीкырык марыBahasa MelayuMaltiMirandésမြန်မာဘာသာمازِرونیNedersaksiesPlattdüütschनेपालीनेपाल भाषाNederlandsnorsk nynorsknorskNovialߒߞߏNouormandSesotho sa LeboaDiné bizaadoccitanlivvinkarjalaOromooଓଡ଼ିଆиронਪੰਜਾਬੀKapampanganPapiamentuNaijáDeitschpolskiPiemontèisپنجابیپښتوportuguêsRuna SimirumantschromânăarmãneashtiрусскийрусиньскыйIkinyarwandaसंस्कृतम्саха тылаᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤsardusicilianuScotsسنڌيdavvisámegiellaSängösrpskohrvatski / српскохрватскиTaclḥitတႆးසිංහලSimple EnglishslovenčinaslovenščinaGagana SamoaanarâškielâchiShonaSoomaaligashqipсрпски / srpskiSiSwatiSesothoSeelterskSundasvenskaKiswahiliślůnskiSakizayaதமிழ்TayalతెలుగుтоҷикӣไทยትግርኛTürkmençeTagalogtolışiSetswanatoki ponaTürkçeSeediqXitsongaтатарча / tatarçachiTumbukaудмуртئۇيغۇرچە / Uyghurcheукраїнськаاردوoʻzbekcha / ўзбекчаvènetovepsän kel’Tiếng ViệtWest-VlamsVolapükWinarayWolof吴语მარგალურიייִדישYorùbáVahcuenghZeêuwsⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ ⵜⴰⵏⴰⵡⴰⵢⵜ文言閩南語 / Bân-lâm-gí粵語中文isiZulu

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article