factograf
GL
Sign in

Copa Airlines

Copa Airlines

Key facts

data de creación ou fundación1947
instancia deaeroliña, empresa de capital aberto
paísPanamá
director executivoOsvaldo Heilbron
All data from the card 2
VIAF
149125494
Freebase
/m/01rm_v

Compañía Panameña de Aviación, S.A., operando como Copa Airlines, é unha aeroliña baseada na Cidade de Panamá, Panamá, e que serve como aeroliña nacional do país. O seu principal centro de operacións está no Aeroporto Internacional de Tocumen, e no ano 2013 a aeroliña transportou 11,34 millóns de pasaxeiros nuns 325 voos regulares diarios a 69 destinos de 30 países de todo o continente americano. Copa é subsidiaria de Copa Holdings, S.A., ademais de membro da alianza Star Alliance. A compañía é tamén a principal operadora e dona da aeroliña colombiana AeroRepublica, actualmente coñecida como Copa Airlines Colombia.

Copa Airlines fundouse en 1947 como a aeroliña nacional de Panamá. Iniciou as súas operacións con voos domésticos a tres cidades do país usando Douglas DC-3. Copa Airlines entón abandonou os seus voos domésticos a favor dos internacionais. En 1998 Copa formou unha alianza estratéxica con Continental Airlines, substituíndo a súa librea e adoptando o programa de viaxeiro frecuente OnePass (substituído despois por MileagePlus). A aeroliña opera unha frota de 97 avións, a meirande parte deles Boeing 737 NG usados en case todos os voos internacionais e unha frota máis pequena de Embraer E-190 para voos rexionais.

Frota

Frota de Copa Airlines
Avión En servizo Pedidos Motores Pasaxeiros Notas
J Y Total
Boeing 737-700 17 - CFM56-7B22 12 112 124 Os máis vellos serán substituídos por Boeing 737-800s.
Boeing 737-800 54 36 CFM56-7B26 14
16
141
144
155
160
Entregas ao longo de 2018.
Embraer 190 26 - GE CF34-10E6 10 84 94
Total 97 36

Read next

In 39 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article