factograf
GL

Constantin Stanislavski

Constantin Stanislavski

Key facts

data de nacemento5 de xaneiro de 1863
data de falecemento7 de agosto de 1938
ocupacióndirector teatral, actor de teatro, pedagogo
lugar de nacementoMoscova
lugar de falecementoMoscova
distinciónOrde de Lenin
All data from the card 17
Nacemento
5 de xaneiro de 1863 (Xuliano) Moscova
Morte
7 de agosto de 1938 (75 anos)Moscova
Causa da morte
infarto agudo de miocardio
Lugar de sepultura
cemiterio Novodevichii
Campo de traballo
Teatro, actuación, dirección teatral, teatroloxía, pedagoxía, filme, dirección de cine e administración de empresas
Lugar de traballo
Moscova
Ocupación
director teatral, mestre, teatrólogo, emprendedor, director de teatro, realizador, director de cinema, actor, actor de teatro, pedagogo, Theaterintendant (en)
Período de actividade
1877 - 1938
Empregador
Teatro de Arte de Moscou (pt)
Xénero artístico
Teatro
Profesores
Glikerija Nikolajewna Fedotowa (pt) e Fyodor Komissarzhevsky (en)
Influencias
Henrik Ibsen
Cónxuxe
Marija Petrowna Lilina (1889–1938)
Fillos
Vladimir Sergeyevich Sergeyev, Kira Alexeyeva
Pais
Sergey Alekseyev e Elizaveta Yakovleva
Irmáns
Sinaida SokolowaVladimir Alexeev
Descrito pola fonte
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Станиславский Константин Сергеевич)Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronPequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron

Constantin Sergeievich Stanislavski ou Konstantin Stanislavski (en ruso Константи́н Серге́евич Станисла́вский), nado en Moscova o 17 de xaneiro de 1863 e finado na mesma cidade o 7 de agosto de 1938, foi un actor e director de teatro ruso. O seu sistema interpretativo converteuse nun dos máis recoñecidos internacionalmente, especialmente no período posterior á segunda guerra mundial.

Ao longo da súa carreira Stanislavski reformulou o seu propio labor como actor por medio dun rigoroso proceso de reflexión e autoanálise artística, ao considerar a acción de actuar como un esforzo continuo que requiría dedicación, disciplina e integridade na procura do afondamento psicolóxico dos personaxes e na investigación das afinidades entre o mundo interior do personaxe e o do actor. O desenvolvemento dunha praxe teorizada, na cal a práctica era un modo de investigación e a teoría un catalizador para o desenvolvemento do creativo, convertérono nunha das grandes figuras do teatro moderno. O traballo de Stanislavski foi importante na expansión do realismo socialista na Unión Soviética como tamén o foi no realismo psicolóxico nos Estados Unidos.. Escribiu diversos libros sobre o traballo do actor e mais unha autobiografía.

Traxectoria

Stanislavski actuando nunha obra de Pushkin en 1888
Stanislavski actuando nunha obra de Pushkin en 1888

Stanislavski medrou no seo dunha das familias máis ricas de Rusia, os Alexeievs, industriais e mecenas artísticos. O seu nome de bautismo era Constantin Sergeyevich Alexeiev – "Stanislavski" foi o seu alcume nos escenarios, adoptado no ano 1884 para que os seus pais non soubesen do seu traballo no teatro, por canto tradicionalmente en Rusia os actores tiñan pouco prestixio social. Stanislavski recibira leccións de voz do tenor Fiodor Petrovich Komissarzhevsky. pero as influencias do primeiro Stanislavski procedían principalmente do Teatro Maly de Moscova, o foco do realismo teatral en Rusia., en especial do realismo psicolóxico, desenvolvido por xente como Alexander Pushkin, Nikolai Gogol e Mikhail Shchepkin.. En 1897 fundou con Vladimir Nemirovich-Danchenko o Teatro de Arte de Moscova.

Legado

Retrato de Constantin Stanislavski realizado por Valentin Serov.
Retrato de Constantin Stanislavski realizado por Valentin Serov.

Stanislavski tivo diferentes alumnos durante cada fase do seu sistema de actuación con descubrimentos e experimentación. Dous dos seus antigos alumnos, Richard Boleslavsky e Maria Ouspenskaya fundaron o American Laboratory Theatre en 1925. Lee Strasberg, que estudara con el, xunto con Harold Clurman e Cheryl Crawford fundaron o Group Theatre (1931–1940) de Nova York, que foi a primeira compañía estadounidense en poñer en práctica os seus descubrimentos iniciais, que tivo unha fonda influencia no xeito de actuar en América do Norte, tanto no teatro como na cinematografía, que se intensificou despois da guerra pola influencia do Actors Studio norteamericano que adaptou o seu sistema, con grande énfase no aspecto psicolóxico da construción do personaxe. O actor británico Laurence Olivier deixou por escrito que Stanislavski foi unha fonte de grande ilusión para el cando era novo.

Honras e premios

  • Orde de Lenin - 1937
  • Orde da Bandeira Vermella do Traballo - 1938
  • Artista do Pobo da URSS (artes escénicas), 1936

Read next

In 67 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article