factograf
GL
Sign in

orde de plantas monocotiledóneas

Commelinales

Commelinales

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonCommelinales
categoría taxonómicaorde
All data from the card 6
Freebase
/m/01n8p
ITIS
39093
OTT
402582
CoL
ZC
EOL
8162
WFO
wfo-9000000130

A das commelinales (Commelinaleses) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.

A orde está composta por cinco familias (nas clasificacións filaxenéticas modernas) ou catro (na clasificacións "cásicas"). En tyoptal, a orde comprenden 812 especies distribuídas en 68 xéneros.

A pesar de ter poucas familias e de ser monofilético segundo as análises moleculares de ADN, a orde é moi diversa desde o punto de vista da morfoloxía. De feito, a unión de todas as familias nun mesmo clado resultou sorprendente, xa que as sinapomorfías quedan prccticamente restrinxidas a certos caracteres fitoquímicos (como a presenza de fenilfenalenonas e a algúns caracteres da semente (como, por exemplo, a presenza dun abundante endosperma helobial).

O grupo troncal das commelinales data de hai uns 114 millóns de anos (MA), no cretáceo tardío.

A diverxencia dentro do grupo comezou hai uns 110 MA, segundo Janssen e Bremer.

As datas, segundo Wikström et al. son 81-73 e 71-66 MA respectivamente. Porén, hai que ter en conta que que Janssen e Bremer (Op. Cit.) utilizaron unha topoloxía para datar os clados diferente.

Clasificación

Na clasificación "clásica" de Cronquist (1981) a orde comprende 4 familas:

  • Commelinaceae
  • Mayacaceae
  • Rapateaceae
  • Xyridaceae

Pero en sistemas de clasificación modernos, como os do Angiosperm Phylogeny Group (APG) grupo de botánicos que traballan na filoxenia vexetal utiliando técnicas moleculares e a análise cladística, a clasificación varía bastante.

Na súa primeira clasificación, do ano 1998, incluían tamén catro familias, pero moi diferentes:

  • Commelinaceae
  • Haemodoraceae
  • Philydraceae
  • Pontederiaceae

No Angiosperm Phylogeny Website (do ano 2001 en adiante), e nas clasificacións APG II (do ano 2003) e APG III (do ano 2009), nas que a orde se sitúa na subclase das Commelinidae, da clase das Liliopsida = Monocotyledoneae. a circunscrición modificouse un pouco:

Segundo APG III, e o Angiosperm Phylogeny Website, as familias son:

  • Hanguanaceae (familia nº 77)
  • Commelinaceae (familia nº 78)
  • Philydraceae (familia nº 79)
  • Pontederiaceae (familia nº 80)
  • Haemodoraceae (familia nº 81)

Os números de familia consignados arriba, son os atribuídos polo Lineal APG III (LAPG III 2009).

As familias das Mayacaceae, Rapateaceae e Xyridaceae foron desprazadas á orde das Poales.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Judd, W. S.; C. S. Campbell, E. A. Kellogg, P. F. Stevens, M. J. Donoghue (2007). "Commelinoid Monocots". Plant Systematics: A Phylogenetic Approach, Third edition. Sinauer Associates, Sunderland, Massachusetts. pp. 276–278. ISBN 978-0-87893-407-2.
  • Simpson, Michael G. (2005). "Commelinidae". Plant Systematics. Elsevier Inc. p. 184. ISBN 0-12-644460-9 ISBN 978-0-12-644460-5.
  • Soltis, D. E.; Soltis, P. F., Endress, P. K., y Chase, M. W. (2005). "Commelinid monocots". Phylogeny and evolution of angiosperms. Sinauer Associates, Sunderland, MA. pp. 109-110.

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Commelinales en Madagascar Catalogue.

Read next

In 46 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article