Carlos Manuel Palmieri, coñecido como Charlie Palmieri, nado o 21 de novembro de 1927 en Nova York e finado o 12 de setembro de 1988, foi un pianista e director de orquestra estadounidense de orixe portorriqueña.
Charlie era o irmán máis vello do tamén músico Eddie Palmieri, traballou con grandes da escena da salsa e do jazz latino como Tito Puente, Celia Cruz, Ray Barretto ou Pupi Campo. Na década de 1970 tivo éxito como director musical do programa de televisión de Tito Puente. Era coñecido como o "Xigante dos teclados". En 1988 foi visto como músico na película "Salsa".
Véxase tamén
Outros artigos
- Lista de intérpretes de salsa
- Emigración corsa a Porto Rico
Ligazóns externas
- Charlie Palmieri na Internet Movie Database (inglés)
- Charlie Palmieri. A Giant Step (álbum completo en YouTube)