factograf
GL

país centroafricano

Chad

Chad

Key facts

poboación19.319.064
superficie1.284.000km²
instancia deestado soberano, estado sen litoral, país
paísChad
capitalXamena
data de creación ou fundación11 de agosto de 1960
xefe de estadoMahamat Déby Itno
xefe do gobernoAlbert Pahimi Padacké
continenteÁfrica
fuso horarioUTC+01:00
All data from the card 6
OpenStreetMap
2361304
VIAF
151207935
ISNI
0000000121851881
TasteAtlas
chad
Freebase
/m/01p1b
MeSH
D002596

O Chad (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste co Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.

Historia

Do mesmo xeito que a maioría do mundo, a área actualmente coñecida como o Chad comezou como un grupo desconectado de tribos. Eventualmente estas tribos foron tomadas por reinos. O Chad foi controlado por algúns reinos débiles ata ser tomado polo maior, pero aínda africano, Imperio Kanem-Bornu.

Logo, os estranxeiros comezaron a ter maior influencia sobre o Chad. Comezando na idade media, o Chad converteuse nun cruzamento de rutas entre os mercadores musulmáns e as tribos nativas. En 1891 o Chad converteuse en parte do Imperio colonial francés. Durante a segunda guerra mundial, o Chad foi a primeira colonia francesa en unirse aos aliados. En 1960 o Chad foi convertido pacificamente nun país independente.

En 1965 unha guerra civil comezou como unha sublevación de impostos do norte musulmán. A guerra foi longa e custosa. Durou ata 1998, en cuxo momento foi escrita a constitución e Idriss Déby foi elixido presidente.

Goberno e política

Artigo principal: Goberno e política do Chad.

Tras a independencia estableceuse un sistema de partido único. A guerra civil de 1979 a 1982 entre o norte e o sur involucrou a tropas de Libia e Francia. En 1975 e 1982 houbo golpes de estado, o último a cargo de Hissène Habré, á súa vez derrubado por Idriss Déby en 1990. En 1992 legalizáronse os partidos políticos. Déby foi elixido presidente en 1996 e tivo que enfrontar unha rebelión dos nómades Toubou, radicados no norte do país. A guerra civil estendeuse durante décadas, alternando períodos de enfrontamentos abertos e de conflitos guerrilleiros. En abril de 2021 o presidente Déby foi asasinado nun destes enfrontamentos.

Organización político-administrativa

Mapa do Chad
Mapa do Chad
Artigo principal: Organización territorial do Chad.

O Chad divídese en 18 rexións.

  1. Batha
  2. Borkou-Ennedi-Tibesti
  3. Chari-Baguirmi
  4. Guéra
  5. Hadjer-Lamis
  6. Kanem
  7. Lac
  8. Logone Occidental
  9. Logone Oriental
  10. Mandoul
  11. Maio-Kebbi Leste
  12. Maio-Kebbi Oeste
  13. Moyen-Chari
  14. Ouaddaï (Abéché)
  15. Salamat
  16. Tandjilé
  17. Wadi Fira
  18. Iamena

Xeografía

O Chad atópase situado na parte máis oriental do deserto do Sáhara, e é unha nación que non ten saída ao mar. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Níxer e Nixeria, esta última a través do lago Chad.

O país ten dúas zonas ben diferenciadas: a norte atópase dominada polo deserto, atopándose nos puntos máis setentrionais o macizo de Tibesti. O sur é máis chairo e ten maior vexetación. Hai que sinalar que na metade norte a poboación predominante é a árabe, mentres que no sur predominan as etnias africanas como os sara.

Como é lóxico, os principais ríos do país van desde o sur do mesmo cara ao norte, desembocando moitos no lago Chad. Os principais ríos do Chad son o Chari e o Logone.

Demografía

Evolución demográfica entre 1961 e 2003
Evolución demográfica entre 1961 e 2003
Cantidade de poboaciónAno3.000.0006.000.0009.000.00012.000.00015.000.00018.000.00021.000.000197019801990200020102020ChadEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Ao ano 2007, o Chad ten unha poboación de 9 885 000 habitantes. A metade concéntrase no sur. No norte só habitan grupos nómades. Os musulmáns son o 50%, o 43% ten crenzas tradicionais e o 7% é cristián. Os idiomas oficiais son o francés e o árabe, aínda que se falan máis de 120 linguas e dialectos. A esperanza de vida é de 47 anos. A media de fillos por muller é de 5,56 unha das taxas máis altas do mundo, o cal provoca un incremento da poboación moi elevado. O 47.5% da poboación está alfabetizada.

Cultura

No Chad a relixión con máis crentes é o islam. Os musulmáns supoñen aproximadamente a metade da poboación, e forman un grupo homoxéneo que vive principalmente no norte do país. Pola contra, o resto da poboación, que vive na metade sur do país, é un grupo máis heteroxéneo dentro do cal se poden distinguir dous grandes grupos: os católicos e os seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Os primeiros destes últimos supón aproximadamente un 7% da poboación sendo o resto seguidores de relixións animistas tradicionais de África.

Festas

Data Nome en galego
1 de xaneiro Ano Novo
1 de maio Día do traballo
11 de agosto Día da Independencia
28 de novembro Proclamación do día da República
1 de decembro Día da liberdade e a democracia

Read next

In 266 languages

glаԥсшәаAcèhадыгабзэAfrikaansAlemannischአማርኛPangcaharagonésÆngliscOboloअंगिकाالعربيةܐܪܡܝܐالدارجةمصرىঅসমীয়াasturianuKotavaAymar aruazərbaycancaتۆرکجهбашҡортсаBasa BaliBoarischžemaitėškaBikol Centralбеларуская (тарашкевіца)беларускаяBetawiбългарскиभोजपुरीBislamaBanjarbamanankanবাংলাབོད་ཡིགbòo pìkkàবিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরীbrezhonegbosanskiбуряадcatalàChavacano de Zamboanga閩東語 / Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄нохчийнCebuanoᏣᎳᎩکوردیcorsuqırımtatarcačeštinakaszëbscziчӑвашлаCymraegdanskdagbanliDeutschThuɔŋjäŋZazakidolnoserbskiडोटेलीދިވެހިބަސްཇོང་ཁeʋegbeΕλληνικάEnglishEsperantoespañoleestieuskaraestremeñuفارسیFulfuldesuomivõroføroysktfɔ̀ngbèfrançaisarpetanNordfriiskFryskGaeilgeGagauzkriyòl gwiyannenGàidhligگیلکیAvañe'ẽGhanaian PidginગુજરાતીfarefareGaelgHausa客家語 / Hak-kâ-ngîעבריתहिन्दीFiji HindihrvatskihornjoserbsceKreyòl ayisyenmagyarհայերենԱրեւմտահայերէնinterlinguaBahasa IndonesiaInterlingueIgboIlokanoIdoíslenskaitaliano日本語Patoisla .lojban.JawaქართულიQaraqalpaqshaTaqbaylitKarai-karaiKabɩyɛTyapKongoKumoringGĩkũyũқазақшаភាសាខ្មែរಕನ್ನಡYerwa Kanuri한국어къарачай-малкъарکٲشُرkurdîkernowekкыргызчаLatinaLadinoLëtzebuergeschLingua Franca NovaLugandaLimburgsLigureLadinlombardlingálaລາວlietuviųlatviešuMadhurâBasa BanyumasanмокшеньMalagasyMāoriMinangkabauмакедонскиമലയാളംмонголꯃꯤꯇꯩ ꯂꯣꯟमराठीкырык марыBahasa MelayuMaltiMirandésမြန်မာဘာသာمازِرونیNedersaksiesPlattdüütschनेपालीनेपाल भाषाNederlandsnorsk nynorsknorskNovialSesotho sa LeboaDiné bizaadoccitanlivvinkarjalaOromooиронਪੰਜਾਬੀPangasinanKapampanganPapiamentuNaijápolskiPiemontèisپنجابیپښتوportuguêsRuna Simiရခိုင်rumantschromânăрусскийрусиньскыйIkinyarwandaसंस्कृतम्саха тылаᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤsardusicilianuScotsسنڌيdavvisámegiellaSängösrpskohrvatski / српскохрватскиTaclḥitတႆးසිංහලSimple EnglishslovenčinaslovenščinaGagana SamoaanarâškielâchiShonaSoomaaligashqipсрпски / srpskiSiSwatiSesothoSeelterskSundasvenskaKiswahiliślůnskiSakizayaதமிழ்TayalతెలుగుtetunтоҷикӣไทยTürkmençeTagalogtolışiSetswanatoki ponaTürkçeSeediqXitsongaтатарча / tatarçachiTumbukaудмуртئۇيغۇرچە / Uyghurcheукраїнськаاردوoʻzbekcha / ўзбекчаvènetovepsän kel’Tiếng ViệtWest-VlamsVolapükwalonWinarayWolof吴语მარგალურიייִדישYorùbáVahcuenghZeêuwsⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ ⵜⴰⵏⴰⵡⴰⵢⵜ文言閩南語 / Bân-lâm-gí粵語中文isiZulu

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article