factograf
GL

actriz francesa

Catherine Deneuve

Catherine Deneuve

Key facts

data de nacemento22 de outubro de 1943
altura1,68m
ocupaciónactor de cinema, modelo, cantante
lugar de nacemento17º distrito de París
cónxuxeDavid Bailey
cargo ocupadoEmbaixador de Boa Vontade da UNESCO
All data from the card 13
Nacemento
(fr) Catherine Fabienne Dorléac 22 de outubro de 1943 (82 anos)17º distrito de París
Outros nomes
Catherine Deneuve
Residencia
París
Altura
1,68 m
Ocupación
actriz de cinema, actriz de dobraxe, cantante, modelo, produtora
Período de actividade
1957 -
Instrumento
Voz
Selo discográfico
Philips Mercury Records
Cónxuxe
David Bailey (1965–1972)
Parella
Roger Vadim Marcello Mastroianni
Fillos
Christian Vadim () Roger VadimChiara Mastroianni () Marcello Mastroianni
Pais
Maurice Dorléac e Renée Simonot
Irmáns
Françoise DorléacSylvie DorléacDanielle Clariond

Catherine Dorléac, coñecida como Catherine Deneuve, nada o 22 de outubro de 1943 en París é unha actriz francesa.

Traxectoria

É filla de Maurice Dorléac, actor de teatro e cine, e tamén director de dobraxe na Paramount. A súa avoa era apuntadora no teatro do Odéon e a súa nai actriz. A súa irmá era a actriz Françoise Dorléac.

Viviu co realizador Roger Vadim (con quen tivo un fillo, Christian Vadim, en 1963). Despois casou en 1965 co fotógrafo David Bailey, do que se separou en 1967. Máis tarde viviu co realizador François Truffaut, o actor Marcello Mastroianni (co que tivo unha rapariga, Chiara Mastroianni, en 1972), e, xa nos anos 80, co comunicador Pierre Lescure.

Considerada en todo o mundo como unha das máis grandes actrices francesas dos 40 últimos anos, goza dunha notoriedade internacional e dunha filmografía excepcional. Todos os máis grandes realizadores europeos recorreron ela, asociando definitivamente o seu nome á historia do cine do final do século XX.

En 1985 foi escollida como imaxe da Marianne, representación feminina da República francesa. Tamén foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO.

Premios

  • 1981: César á mellor actriz por O Último Metro
  • 1993: César á mellor actriz por Indochine
  • 1998: Copa Volpi á mellor actriz no Festival de Venecia por Place Vendôme
  • 2002: Oso de Prata do Festival de Berlín á Mellor Contribución Artística Individual outorgada ás 8 actrices da película Oito Mulleres.

Filmografía seleccionada

  • 8 femmes (2001)
  • Dancer in the Dark (2000)
  • Place Vendôme (1998)
  • Os ladróns (Les voleurs) (1996)
  • Indochine (1992)
  • Drole d'endroit pour une rencontre (1988)
  • Fort Saganne (1984)
  • Le Dernier Métro (1980)
  • Courage fuyons (1979)
  • Alma perdida (1977)
  • Tristana (1970)
  • Peau d'âne (1970)
  • La sirène du Mississippi (1969)
  • Mayerling (1968)
  • Belle de jour (1967)
  • Les demoiselles de Rochefort (1967)
  • La vie de château (1966)
  • Repulsion (1965)
  • Les Parapluies de Cherbourg (1964)

Read next

In 78 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article