factograf
GL

videoxogo de 2007

Call of Duty 4: Modern Warfare

Key facts

data de publicación5 de novembro de 2007
instancia devideoxogo, disciplina de deporte electrónico
distinciónpremio Golden Joystick ao xogo de PC do ano
xénero artísticovideoxogo de disparos en primeira persoa
All data from the card 2
VIAF
294550196
Freebase
/m/02qt6tp

Call of Duty 4: Modern Warfare é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty e ao xénero FPS (first person shooter), programado por Infinity Ward e distribuído por Activision para PC Windows, MAC OS X, Xbox 360 e Playstation 3. Foi posto á venda en setembro de 2007 para PS3, Xbox 360 e Windows. En setembro de 2008 saíu ao mercado a versión de Mac OS X e en novembro de 2009 a de Wii, baixo o nome de Call of Duty 4: Modern Warfare: Reflex Edition, programada por Treyarch.

Argumento

O xogo está ambientado na época actual, a diferenza das entregas precedentes, situadas durante a segunda guerra mundial. Sitúanos nun conflito ficticio en Rusia, onde un grupo ultranacionalista levou ao país ao bordo da guerra civil. Neste contexto, un grupo terrorista islámico foi quen de roubar unha arma nuclear. Os servizos secretos británico e estadounidense, apoiados por varias unidades militares rusas leais ao goberno lexítimo, deciden intervir, en prol de desactivar os mísiles roubados.

Recepción e crítica

Rapidamente o xogo recibiu grande aceptación, tanto por parte da crítica como do público. No E3 2007 gañou o premio a mellor xogo da feira. Logrou ademais varios premios BAFTA, incluíndo mellor historia e personaxe e o premio do público ao mellor xogo do ano 2007. Acadou un 94 en Metacritic, tanto na versión de Xbox 360 coma PS3; un 92 para PC e un 76 para Wii.

Vendas

A versión de Xbox 360 foi a máis vendida con máis de 8 millóns de unidades. A versión de Playstation 3 vendeu un pouco máis de 5 millóns. A versión de Wii vendeu case un millón de unidades

Read next

In 56 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article