factograf
GL

moeda da Antiga Grecia

Calco (moeda)

Calco (moeda)

O calco (do grego: χαλκός -chalkòs, "cobre") foi unha moeda da Antiga Grecia cuñada en bronce, propia da Ática.

Historia

Do mesmo xeito ca outras moedas de bronce, a súa circulación comezou a cobrar importancia cara ao remate da época helenística.

No sistema monetario da Antiga Grecia, o calco era a moeda divisionaria máis pequena coñecida. En función dos diferentes padróns monetarios, esta moeda podía equivaler a unha oitava o ben a unha duodécima parte do óbolo, que era unha moeda de prata. Deste xeito, en Atenas e nos imperios seleúcida e tolemaico, o calco equivalía á oitava parte do óbolo; porén, no Peloponeso, en Beocia, en Tesalia, en Xonia e no mar Exeo o óbolo estaba dividido en 12 calcos.

O calco no sistema monetario da Antiga Grecia

As equivalencias do calco coas outras moedas daquela época son as seguintes:

Divisores e múltiplos

Divisores

Existiu un debate sobre a posible existencia de subdivisións do calco. Botando man da documentación antiga, unha listaxe de pagamentos descuberta en 1905 Preto de Mesene daba a entender que as divisións do calco foron utilizadas a finais do período helenístico, polo menos en Mesene. No entanto, outras fontes comunmente utilizadas, como o Onomasticon de Xulio Pólux, non mencionaban subdivisión ningunha do calco.

Hoxe coñécense dous divisores do calco:

  • Leptón: 1/7 calco.
  • Hemicalco: 1/2 calco.

Múltiplos

  • Dicalco: dous calcos.
  • Tricalco: tres calcos.
  • Tetracalco: catro calcos.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
  • Amandry, M. et al. La monnaie grecque. Ed. Elipses. 2001 ISBN 978-2-729-80846-4
  • Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
  • Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813
  • Picard, O. "Monnaie et circulation monétaire à l’époque classique". En PALLAS, 74. 2007. Páxinas 111-126
  • Psoma, S. Olynthe et les Chalcidiens de Thrace: Etudes numismatiques et d'histoire. Berlín, Franz Steiner, 2001 ISBN 978-3-515-07538-1

Read next

In 12 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article