factograf
GL
Sign in

grupo de black metal dun só membro

Burzum

Burzum

Key facts

data de creación ou fundación1991
instancia degrupo musical
fundadorVarg Vikernes
xénero artísticoblack metal
All data from the card 3
VIAF
345149106268368492262
ISNI
000000047095482X
Freebase
/m/0982_

Burzum foi un proxecto musical de black metal formado en 1991 polo músico noruegués Count Grishnackh (sic, cuxo nome real é Varg Vikernes). Está considerado coma un dos proxectos impulsores do black metal noruegués a comezos da década de 1990.

Só conta cun único integrante, Varg Vikernes (quen integrou grupos como Uruk-Hai e Old Funeral); aínda que contou coa colaboración doutros músicos como Euronymous e Samoth. As primeiras gravacións de Burzum saíron á venda en 1991.

Orixe do nome

O nome Burzum significa escuridade en lingua negra, o idioma de Mordor, creado por J. R. R. Tolkien. Segundo o propio Vikernes «O mundo precisa escuridade, porque o exceso de luz nin nos aluma nin nos abriga, senón que céganos e abrásanos». A frase máis coñecida onde aparece esta palabra é na inscrición do anel único, da novela O Señor dos Aneis: «Ash Nazg durbatulûk, ash Nazg gimbatul, ash Nazg thrakatulûk agh burzum-ishi krimpatul».

Asasinato de Euronymous

O 10 de agosto de 1993, Vikernes asasinou de forma premeditada a Øystein Aarseth (Euronymous) a puñaladas na súa vivenda, polo que foi condenado a 21 anos de prisión, a pena máxima en toda a historia de Noruega, ao descubrirse tamén a súa participación na queima de tres igrexas históricas. Euronymous era dono da discográfica Deathlike Silence, que sacou á venda os primeiros discos de Burzum, e membro fundador da popular banda de black metal Mayhem, na que Vikernes colaborou como baixista. Os motivos polos que o matou foron descoñecidos durante moito tempo, polo que a prensa publicou todo tipo de interpretacións e elucubracións. Malia isto, anos máis tarde soubose por medio dunha carta dirixida a Vikernes e escrita por un coñecido de Aarseth, que Vikernes realmente asasinouno en defensa propia, xa que nela afirmábase que Aarseth pretendía facer o propio con el. O 24 de maio de 2009, Varg Vikernes saíu baixo liberdade provisional de prisión.

Read next

In 59 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article