factograf
GL

Brian Shawe-Taylor

Key facts

data de nacemento28 de xaneiro de 1915
data de falecemento1 de maio de 1999
ocupaciónpiloto de Fórmula Un
lugar de nacementoDublín
lugar de falecementoGloucestershire
All data from the card 4
Nacemento
28 de xaneiro de 1915 Dublín
Morte
1 de maio de 1999 (84 anos)Gloucestershire
Ocupación
piloto de Fórmula Un
Deporte
automobilismo


Brian Newton Shawe-Taylor, nado en Dublín o 28 de xaneiro de 1915 e finado o 1 de maio de 1999, foi un piloto de automobilismo irlandés. Participou en 3 Grandes Premios do Campionato do Mundo e numerosas carreiras fora do campionato de Fórmula Un. Non logrou puntos do Campionato do Mundo.

Traxectoria

Foi o menor dos dous fillos de Francis Manley Shawe-Taylor (1869–1920), maxistrado e gran sheriff do condado de Galway, e a súa esposa, Agnes Mary Eleanor antes Ussher (1874-1939). Os seus pais eran membros das clases dominantes anglo-irlandesas. Foi relacionado coa dramaturga e cofundadora do Abbey Theatre, Lady Gregory e primo de Sir Hugh Lane, que fundou a dublinesa galería de arte moderna.

Shawe-Taylor comezou a competir antes da guerra, gañando o Nuffield Trophy en 1939. Despois da guerra correu nun ERA, co que intentou participar no Gran Premio do Reino Unido de 1950. Os organizadores consideraron que o seu coche era demasiado vello, pero logrou participar na carreira de todos os xeitos, compartindo o Maserati 4CL de Joe Fry. O ano seguinte, practicou cun Ferrari presentado por Tony Vandervell no Gran Premio de Francia de 1951, pero finalmente Reg Parnell pilotou o coche durante a carreira.

A súa participación aceptouse para o Gran Premio do Reino Unido de 1951, malia que aínda corría no seu vello ERA e terminou a carreira na 8ª posición como primeiro privado, aínda que a seis voltas do vencedor. Tamén participou nas 24 Horas de Le Mans ese ano, compartindo un Aston Martin DB2 con George Abecassis, terminou quinto. Máis tarde resultou gravemente ferido nun accidente no circuíto de Goodwood, cando trompeou no seu ERA e foi golpeado por Toni Branca. Shawe-Taylor recuperouse pero rematou a súa carreira.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1950 Joe Fry Maserati 4CL Maserati Straight-4 GBR
10*
MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0
1951 G A Vandervell Ferrari 375 Thinwall Ferrari SUI 500 BEL FRA
NTS
NC 0
Brian Shawe-Taylor ERA B Type ERA 6 en liña GBR
8
ALE ITA ESP
Fonte:
* Indica unidade compartida con Joe Fry

Read next

In 19 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article