factograf
GL
Sign in

anamorfo de Botryotinia

Botrite

Botrite

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonBotrytis
categoría taxonómicaxénero
All data from the card 7
Freebase
/m/0dbdg8
MeSH
D020171
OpenAlex
C2776919067
ITIS
181693
OTT
432348
CoL
CCTKZ
EOL
16630

A botrite (Botryotinia) é o nome común dun xénero de fungos ascomicetes que produce varias doenzas vexetais. A maioría das formas anamórficas de Botryotinia inclúense no xénero de fungos imperfectos Botrytis. O xénero inclúe 22 especies e mais un híbrido.

Reprodución

A reprodución sexual lévase a cabo mediante ascosporas producidas en apotecios, mentres que unha forma de reprodución asexual é mediante conidios. É típica a formación de esclerocios de forma plano-convexoide.

Patóxeno

As enfermidades causadas polas especies de Botryotinia aparecen de forma primaria como unha praga das flores e podremia dos fruoitos ademais de tachas nas follas e bulbos podres no campo e en produtos almacenados. O fungo induce morte celular do hospedador e un decaemento progresivo do tecido infectado da planta, de onde o fungo toma os seus nutrientes.

Especies

Botryotinia fuckeliana (ou Botrytis cinerea) é unha especie importante para a industria vinícola e para a horticultura. Outras especies economicamente importantes inclúen Botryotinia convoluta (a especie tipo do xénero), Botryotinia polyblastis, Botrytis allii e Botrytis fabae.

Read next

In 22 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article