Etimoloxía
O xénero Berardius foi establecido polo médico e zoólogo francés Louis Georges Duvernoy, quen lle puxo este nome na honra do mariño Auguste Bérard, capitán da corveta Le Rhin, que lle enviara a Duvernoy, desde Nova Zelandia, o primeiro cranio descrito.
Descrición
Teñen un bico particularmente longo e prominente en relación cos outros zifios. A mandíbula inferior é máis longa que a superior e os dentes dianteiros son visíbei mesmo coa boca pechada. O corpo é esvelto, coa sección máxima só dun 50 % da lonxitude total. A fronte é empenada, debido á presenza do melón na cabeza. A coloración é uniforme, pero podo variar segundo os individuos desde a gris clara á negra. As aletas pectorais son pequenas e arredondadas e están situadas cara á parte dianteira do corpo. A aleta dorsal, así mesmo pequena e arrondada, sitúase ao comezo do último terzo do corpo. Levan en toda a superficie do corpo numerosas cicatrices brancas que poden ser un bo indicador da idade do animal. O dimorfismo sexual é escaso.
Especies
O xénero comprende tan só dúas especies:
- Berardius arnouxii Duvernoy, 1851 - zifio de Arnoux
- Berardius bairdii Stejneger, 1883 - zifio de Baird
As dúas especies son tan parecidas que algúns científicos consideraron a súa separación como unha anomalía histórica. Serían indistinguíbeis no mar se as súas áreas de distribución non foran completamente diferentes.
Áreas de distribución
-
Mapa de distribución do zifio de Arnoux -
Mapa de distribución do zifio de Baird
Dúas especies
Pero a falta de diferenzas morfolóxicas coñecidas pode ser simplemente debido ao escaso número de espécimes examinados (especialmente do zifio de Arnoux), e análises de datos da secuencia dos intróns mitocondrial e nuclear revelaron diferenzas xenéticas, confirmando que estas especies son entidades taxonómicas reprodutivamente illadas e válidas.
Estado de conservación
Para a IUCN, o estado de conservación de ambas as especies é sen datos suficientes (CC).
Véxase tamén
Bibliografía
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
