Benjamin David Simmons, nado o 20 de xullo de 1996 en Melbourne, Victoria, é un xogador australiano de baloncesto profesional que actualmente se atopa sen equipo.
Traxectoria profesional
O 23 de xuño de 2016, Simmons foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 2016 polos Philadelphia 76ers, converténdose no terceiro xogador nado en Melbourne en ser elixido na primeira posición do Draft en 11 anos, tras Andrew Bogut en 2005 e Kyrie Irving en 2011. O 3 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Sixers.
O 10 de febreiro de 2022, Simmons foi traspasado xunto a Seth Curry, Andre Drummond e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós Brooklyn Nets, a cambio de James Harden e Paul Millsap.
Estatísticas
Tempada regular
| Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2017–18 | Philadelphia | 81 | 33.7 | .545 | .000 | .560 | 8.1 | 8.2 | 1.7 | 0.9 | 15.8 |
| Total | 81 | 33.7 | .545 | .000 | .560 | 8.1 | 8.2 | 1.7 | 0.9 | 15.8 |
Playoffs
| Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2018 | Philadelphia | 10 | 35.9 | .488 | .000 | .707 | 9.4 | 7.7 | 1.7 | 0.8 | 16.3 |
| Total | 10 | 35.9 | .488 | .000 | .707 | 9.4 | 7.7 | 1.7 | 0.8 | 16.3 |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
